Cervo, 24 Xaneiro, 2026. Unha persoa tivo que ser excarcerada na noite de onte tras unha colisión entre dous vehículos rexistrada na LU-P-1502, no quilómetro aproximado 7, ao seu paso por San Ramón de Vilaestrofe, no concello de Cervo.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 22:10 horas, cando un particular alertou dun accidente entre dous turismos con posibles persoas feridas e atrapadas. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro e á Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que se trataba dunha colisión lateral e que a persoa atrapada era a acompañante dun dos vehículos implicados. Foi necesario empregar o material de excarceración para proceder á súa liberación para o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.





















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



