A Consellería do Mar e o CETMAR traballan nun modelo formativo máis flexible que recoñeza a experiencia profesional e responda ás necesidades reais do sector
Vigo, 10 de febreiro do 2026. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou hoxe o Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación Cetmar, e mantivo un encontro coa súa directora, Rosa Chapela, na que se avanzou no deseño dun procedemento de acreditación por competencias para determinadas titulacións marítimo-pesqueiras, unha demanda histórica do sector e unha ferramenta fundamental para facilitar o acceso á profesión e garantir o relevo xeracional.
Durante o encontro, ambas responsables abordaron as liñas de traballo necesarias para artellar un sistema que permita recoñecer oficialmente a experiencia profesional acumulada polos traballadores do mar, adaptando a formación ás necesidades reais do sector e reforzando o compromiso do Goberno galego cun modelo formativo máis flexible, moderno e eficaz.
A reunión serviu tamén para avanzar no reforzo da colaboración entre a Consellería do Mar e o Cetmar, así como para seguir traballando de maneira conxunta co propio sector na definición de novas medidas formativas que dean resposta ás súas demandas actuais e futuras, tanto no ámbito da pesca como da acuicultura e da cadea mar-industria.
Neste contexto, púxose en valor o papel do CETMAR como entidade adscrita á Consellería do Mar, destacando a súa intensa actividade no eido formativo a través do centro de formación Aixola e doutras accións orientadas á capacitación, actualización de coñecementos e mellora da empregabilidade dos profesionais, contribuíndo de xeito decisivo ao fortalecemento e á sustentabilidade do sector pesqueiro galego.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



