Os burelenses logran tres puntos moi importantes para alonxarse dos postos de descenso e manter a categoría
Burela, 7 de febreiro, 2026. Arrinca ben o Reyco Burela anotando o 1-0 no minuto 3, un tanto de Izan que finaliza desde a área un saque de banda. No minuto 14 o conxunto local empata o partido: Ureña rouba o balón en campo contrario e cédeo a Joseliyo, que anota a porta baleira.
Na segunda parte, os de Juanma Marrube impóñense anotando un primeiro tanto no minuto 25, un gol de Alberto que, cunha xogada individual, remata coa dereita para adiantar de novo aos visitantes. Charly ampliaría a vantaxe no 31 tras roubar un balón en área contraria e finalizar cun potente dereitazo que supera a Quesada.
Os locais apostan por Titín como porteiro-xogador e logran achegarse no marcador (2-3) no minuto 37, cun gol de Luque rematando ao segundo pau unha asistencia de Jackson tras unha boa combinación ofensiva do conxunto de Quique García. O Avanza insiste ante a férrea defensa burelense, pero chega o definitivo 2-4: Izan captura un balón morto e dispara a portería baleira para sentenciar o encontro.
Ficha Técnica Avanza Jaén Paraíso Interior 2-4 Reyco Burela FS
Avanza Jaén Paraíso Interior (2): Cone; Dani Giasson, Ureña, Pablo Escribano, Titín -quinteto inicial-, Iván Gemes, Luque, Hugo Martínez, jackson, Enzo Báez, Joseliyo, Mario, Antonio Quesada (P).
Reyco Burela FS (4): Torero; Pitero (C), Charly, Raid Izan, -quinteto inicial-, Alán, Jason, Bingyoba, Mauro, Alberto, Nico, Lautaro (P)
Goles: 0-1, min. 3: Izan. 1-1, min. 14: Joseliyo. 1-2, min. 25: Alberto. 1-3, min. 30: Charly. 2-3, min. 37: Luque. 2-4, min. 39: Izan.
Árbitros: Diego Sarasúa // Juan Haedo // Alberto Alguacil // Tiare Belén Valencia. Por parte do Avanza Jaén viron a tarxeta amarela Ureña (16′), Enzo Báez (18′) e Jackson (20’). Por parte do Reyco Burela, Mauro (31′), e veu a tarxeta vermella, Bingyoba (40’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Segunda División Masculina disputado no pavillón La Salobreja de Jaén




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



