Partido parello no que as mariñás contaron puntuar durante 38 minutos do encontro
Burela, 7 de febreiro, 2026. A primeira ocasión clara é para o equipo visitante no minuto 4: nunha contra rápida, o disparo desde a liña da área é desviado coa cara por Ana Eliza. Pouco despois, Silvia Rubal lánzaa preto da cruceta e, no minuto 8, unha incursión polo á dereita de Laura Barranco obriga a Julia a intervir. O encontro continúa con moito xogo de posesión e poucas ocasións, mantendo o 0-0 ata o descanso nunha primeira parte moi igualada.
Na segunda metade o Burela arrinca con forza e anota o 1-0 no primeiro minuto. Lara rouba o balón a Cèlia en pista visitante e marca desde a liña da área, quedando soa ante a porteira. Ana Eliza detén un disparo escorado e, un minuto despois, Coral estreláa no pau, salvando de novo a brasileira o rexeite.
No minuto 31 chega o empate: Lara aproveita un disparo que rebota no traveseiro e no chan, e que Irene non consegue afastar. O Penya comeza entón a dominar, xerando varias situacións de perigo en pista local, entre elas un saque de falta por cesión que Macarena despexou, e outra ocasión no 33 que Ana Eliza resolve co pé. No 34, Sandra non acerta a rematar unha contra que finaliza Lara e que se perde pola liña de fondo.
O conxunto visitante mantén o control e logra adiantarse no marcador no minuto 38, cando Clara Rivera remata desde a área un pase de Haro. O Burela aposta polo xogo de cinco con Irene como porteira-xogadora, buscando o empate ata o final, pero non consegue puntuar.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 1-2 AE Penya Esplugues
Reyco Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Sydorenko, Gabi, Macarena, Lari, Silvia Rubal (C), Laura Barranco.
AE Penya Esplugues (2): Julia; Clara, Peke, Cèlia, Haro –quinteto inicial-, Pilar (C), Estela, Coral, Miri, Laura, Dupuy, Lara.
Goles: 1-0, min. 21: Lara. 1-1, min. 31: Lara. 1-2, min. 38: Clara.
Árbitros: Iria de Luis // Javier Menéndez // Andrea de Luis. Por parte do Reyco Burela viron a tarxeta amarela Sydorenko (12’), Jairo Campo (35’) e Laura Barranco (38’). Por parte do Penya Esplugues, Estela (18’), Dupuy (31’) e Xavier Varias (31’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 da 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.














Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.

