O Concello e a Federación Galega de Fútbol subliñan a vontade de manter e reforzar esta liña de cooperación
Burela, 7 de febreiro de 2026. A Casa do Concello de Burela acolleu a presentación dun curso da Federación Galega de Fútbol, unha formación necesaria para poder participar nun campionato de fútbol, que se impartirá en Burela como mostra da colaboración e coordinación entre institucións e tecido deportivo local.
No acto participaron Manolo García, en representación da Federación Galega de Fútbol, Carmela López, alcaldesa de Burela, e Ramiro Fernández, concelleiro de Deportes, así como o delegado da Federación en Lugo e membros da Asociación Deportiva de Burela.
Durante a presentación púxose de manifesto a colaboración absoluta entre institucións, destacando que a sede da Federación na Mariña está en Burela, un feito do que o Concello se amosa especialmente orgulloso e que permite impulsar iniciativas formativas e de promoción deportiva no municipio.
No transcurso do acto, Manolo García fixo entrega a Carmela López dun recoñecemento á Sociedade Deportiva Burela pola gran tempada realizada o ano pasado, poñendo en valor o traballo do club e a súa contribución ao deporte local.
Desde o Concello e a Federación sublíñase a vontade de manter e reforzar esta cooperación tanto no fútbol como no fútbol sala, así como noutras actividades deportivas e formativas. Ademais, avanzouse que máis adiante se anunciará unha nova actividade vinculada á Federación e ao deporte en Burela.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.

