Burela, 21 de marzo, 2026. A Asociación de Veciños O Vencello manifesta a súa preocupación polos problemas de tráfico que previsiblemente se intensificarán en Burela debido ás múltiples obras de infraestrutura que se están a executar na zona do porto, así como polas recentes modificacións do tránsito nalgunhas rúas do municipio.
Obras prolongadas e novos proxectos que agravan a situación
A entidade lembra que a prolongación dos traballos no dique norte e na canalización do novo saneamento municipal leva máis dun ano condicionando de maneira significativa a circulación viaria. Ademais, nos próximos meses sumarase a construción da planta de salmón no Berbés, o que —segundo sinalan— podería agravar aínda máis a xa delicada situación do tráfico, especialmente no que respecta ao tránsito de camións de gran tonelaxe polos barrios próximos ao porto e, por extensión, polo resto da vila.
Preguntas ao Concello sobre o plan de tráfico
O Vencello pregunta se o Concello dispón dun plan de tráfico específico para afrontar os problemas derivados da coincidencia destas obras, que están a provocar un incremento notable do paso de vehículos pesados polas rúas do núcleo urbano. A asociación lembra que unha das principais vías de entrada e saída —a estrada do porto— continúa pechada sen que exista unha previsión pública de reapertura.
Solicitude de prazos e previsións
A asociación solicita tamén información sobre os prazos de finalización das obras actualmente en marcha (dique norte e saneamento), así como as previsións de cando poderá restablecerse o tránsito pola estrada do porto e pola conexión do Berbés coa Avenida Arcadio Pardiñas.
Competencias municipais en materia de tráfico
O Vencello recoñece que o tramo de estrada afectado non é de titularidade municipal e depende de Portos, pero lembra que o Concello ten competencias para ordenar o tráfico, garantir a seguridade viaria e aplicar medidas como a retirada de vehículos ou a imposición de sancións. Por iso consideran necesario obter respostas claras por parte dos responsables municipais.
Un “cóctel explosivo” para a circulación en Burela
A asociación advirte de que a combinación da recente reorganización do tráfico no casco urbano (eliminación de prazas de aparcamento, peches de circulación en determinadas rúas), as obras actuais e futuras no porto, a proximidade das festas patronais e o aumento de actividade pola costeira do bonito pode desembocar nun grave colapso circulatorio nas próximas semanas.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



