Ribadeo, 26 de marzo de 2026. Recursos de Galicia ofrecerá información sobre os descontos na factura da luz aos fogares afectados polo parque eólico Mondigo Beneficia. Será o 1 de abril no auditorio municipal Hernán Naval.
O alcalde, Dani Vega, contou que “no día de onte, Recursos de Galicia trasladouse aos municipios. En Ribadeo tamén houbo un análise pegado ao territorio, un análise profundo. Vimos o radio de acción que afecta, cada aeroxenerador, sendo conscientes desa medida de 1,8. Eu creo que é un impacto importante no territorio que vai ter beneficios, evidentemente, en todos os fogares”.
Para o rexedor “todos debemos ser coñecedores que non é unha foto fixa, non é algo permanente, é algo que, de forma gradual, de forma paulatina, irán introducindo mais fogares. Na primeira foto temos un impacto importante na zona. De forma gradual irán introducindo mais fogares, tamén terá un impacto na empresa, a redución da factura é para fogares e para empresas. Repito, nestes momentos os fogares van ter unha redución do 80% do prezo enerxético. Eu creo que é algo a considerar, algo a poñer en valor. Creo que esta medida nace evidentemente aquí, trasládase á Xunta, é unha medida que desde un primeiro momento Ribadeo defendeu coas distintas xestións e reunións que tivemos coa Xunta. O impacto non é soamente Ribadeo, senón que é tamén é Trabada e Barreiros. Polo tanto estamos a falar dun beneficio colectivo”.
Vega subliñou que “o vindeiro mércores, 1 de abril, de 9 a 13 horas no auditorio haberá información e asesoramento individual para cada un dos veciños que precise a información, que tamén precise axuda para solicitar esa rebaixa do prezo enerxético no recibo. Recordade que tedes que levar as doce últimas facturas, iso tamén é unha documentación necesaria. Eu creo que o Concello e Recursos de Galicia están tendo unha colaboración total e absoluta. Está habendo tamén por parte do Concello unha reivindicación para que ese radio de acción afecte a máis fogares, pero sendo conscientes e coñecedores que a rendabilidade do parque ten que ser unha realidade”.
O alcalde dixo que “nestes momentos nós temos 2 aeroxeneradores. E o impacto é o que é. Non podemos empezar a casa polo teito, senón todo contrario, ir construíndo con forza e con estabilidade. 2 aeroxeneradores que teñan un impacto nos fogares no maior número posible, pero sendo conscientes de que ten que ser gradual e paulatino para buscar a rentabilidade do parque”.
E engadiu: “repito, o vindeiro mércores, día 1 de abril, de 9 a 13 horas, haberá asesoramento no auditorio, recordade levar as doce últimas facturas para que xa se poida facer a solicitude e que na maior brevidade xa cause efecto esa rebaixa do 80% no prezo enerxético do recibo da luz”.
Haberá novas sesións informativas os días 8, 15, 21 e 28 de abril.


























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



