Ribadeo, 31 de marzo de 2026. Todo está listo en Ribadeo para a celebración do Camiño Norte Fest este xoves, 2 abril. O aparcadoiro municipal, recinto no que se celebrará o evento, xa foi valado no día de hoxe.
A orquestra Panorama presentará a súa nova xira Time Tour 2026 para a Mariña lucense e o Occidente asturiano no Camiño Norte Fest, que organiza a Comisión de Festas ribadense.
O recinto estará cuberto con carpa, que contará con servizo de bar e food trucks. A apertura das billeteiras será ás 20:30 horas e a do recinto ás 22:30 horas. Polo escenario do Camiño Norte Fest pasarán tamén os djs Alejandro Martínez e Litainer.
A actuación de Panorama dará comezo ás 00:30 horas. Enriba do escenario estarán durante tres horas nun único pase, segundo informan desde a Comisión de Festas de Ribadeo.
A venda de entradas anticipadas rematará mañá, día 1, en todos os puntos oficiais situados en Barres, La Caridad, Foz, A Pontenova, Navia, Lourenzá, Viveiro, Vegado, Tapia, Burela e Mondoñedo: “pero manteremos esa venda anticipada coas entradas a 12 euros en Ribadeo e tamén online ata o mesmo xoves ás 12:00 do mediodía. A partires de aí as persoas interesadas en asistir ao Camiño Norte Fest deberán pasar polas billeteiras habilitadas no recinto a partir das 20:30 horas”, indican desde a Comisión de Festas e engaden que “a venda de entradas foi e vai a bo ritmo. Estamos satisfeitos da acollida que está a ter o Camiño Norte Fest”.
Desde a Comisión de Festas de Ribadeo agradecen ao Concello de Ribadeo, á Xunta de Galicia, aos patrocinadores e colaboradores o seu apoio para facer posible o Camiño Norte Fest. O patrocinador oficial é Estrella Galicia. Colaboran: Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo, Concertos do Xacobeo, Galipizza, Sanbet Agencia, Estudio Reverte e DeLira.










Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



