Ribadeo, 23 de marzo de 2026. Rinlo acollerá a terceira festa gastronómica do mexillón o vindeiro 3 de abril. O evento foi presentado pola Asociación de Veciños o Cantal e polo Concello de Ribadeo.
Conchita González, presidenta de O Cantal, comentou que “dende a Asociación de Veciños O Cantal, vimos de presentar, e como non a animarvos a que nos acompañes na terceira edición da festa gastronómica do mexillón. O vindeiro 3 de abril temos unha cita imprescindible en Rinlo, un fermoso pobo mariñeiro, coñecido polo seu carácter tradicional, polas súas cetarias e pola excelente gastronomía ligada ao mar. Nesta ocasión volve ser o gran protagonista o mexillón, un produto estrela que poderedes degustar nun ambiente festivo e mariñeiro único”.
E relatou que “para acompañar esta xornada gastronómica contaremos coa actuación dos Festicultores e coa música do DJ Alejandro Martínez, que poñerán ritmo á festa, que terá lugar na Praza de San Pedro a partir das doce e media do mediodía. Achegádevos a Rinlo para gozar do sabor do mar, da música e do mellor ambiente. Agardámosvos”.
A concelleira de Turismo, Mata Saiz, indicou que “como ben di Conchita, vimos de presentar a terceira festa do mexillón, que se celebrará o vindeiro 3 de abril nesta fermosa vila mariñeira como é Rinlo. Desde o Concello seguimos traballando a carón dos veciños e ao beneficio dun turismo de calidade. Rinlo, xa é coñecido e merece a pena ser visitado en calquera época do ano pola súa beleza paisaxística, pero sen dúbida algunha pola súa excelente gastronomía, sendo o protagonista neste caso o mexillón”.
A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para os organizadores e colaboradores: “agradecemos a esas mulleres da Asociación de Veciños o Cantal a súa dedicación e o seu empeño por darlle a Rinlo sempre o lugar que se merece. E como non á Consellería do Mar pola súa colaboración. Convidamos a veciños e visitantes a asomarse por Rinlo o día 3 de abril e a disfrutar dunha xornada diferente”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



