A Pontenova, 14 de maio, 2026. Este venres, 15 de maio, a Asociación de Veciños San Pedro de Ribeira abrirá as portas do Centro Social “Blanca Muruais” da Pontenova para a realización dunha clase gratuíta pensada para as persoas maiores da zona: “Reta a tu mente con estos juegos en línea de lógica y números”. Unha proposta desenvolvida por Canal Sénior e FEGAUS co obxectivo de achegar actividades innovadoras e accesibles ás zonas rurais de Galicia.
A sesión, que terá lugar de 12:00 h a 13:00 h, permitirá ás persoas asistentes descubrir diferentes xogos e recursos dixitais relacionados coa lóxica, os números e a axilidade mental, empregando ferramentas sinxelas e adaptadas para todos os niveis. A través de dinámicas prácticas e participativas, a actividade busca fomentar a estimulación cognitiva dun xeito próximo, entretido e útil para o día a día.
Esta iniciativa forma parte do convenio de colaboración recentemente asinado entre Canal Sénior, FEGAUS e a Asociación de Veciños San Pedro de Ribeira. Un acordo que nace co obxectivo de impulsar actividades culturais, tecnolóxicas e de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores da contorna.
Desde as entidades destacan a importancia de achegar este tipo de propostas ás zonas rurais, creando espazos de aprendizaxe, participación e encontro social onde a tecnoloxía se converta nunha ferramenta accesible ao servizo do benestar e da calidade de vida.
Sobre Canal Sénior
Canal Sénior é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa desde 2017 para impulsar o envellecemento activo, a aprendizaxe ao longo da vida e a inclusión dixital das persoas maiores de 55 anos. A través da súa plataforma en liña, ofrece actividades gratuítas como obradoiros en directo, contidos audiovisuais, xogos formativos e propostas culturais pensadas para estimular a participación, a autonomía e o benestar do colectivo sénior. A súa misión é reducir a fenda dixital e social mediante o uso accesible da tecnoloxía, promovendo unha comunidade activa, conectada e en constante aprendizaxe.
Sobre FEGAUS
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS) agrupa asociacións de alumnado sénior das universidades galegas, promovendo o acceso das persoas maiores á formación, á participación social e á cultura. Desde a súa creación, FEGAUS impulsou unha rede de colaboración interxeracional e territorial, especialmente comprometida co desenvolvemento rural e a loita contra a exclusión social. A través da súa participación en proxectos formativos, tecnolóxicos e sociais, a federación contribúe a unha Galicia máis inclusiva, activa e cohesionada para as persoas maiores.
























Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



