Ribadeo, 14 de maio, 2026. Ribadeo recupera espazos públicos en Rinlo, grazas a un investimento de 30.000 euros da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos planificando e mellorando espazos naturais, zonas verdes, espazos aos que moitas persoas aceden, están paseando ou están practicando deporte, e desde logo tamén conservamos o patrimonio. O lavadoiro de Rinlo, o lavadoiro do Cristo, a fonte do Cristo, era un espazo que estaba certamente abandonado, todo cheo de pintadas, con falta de lousas, goteiras, estaba certamente con lixo no seu entorno.. E desde logo non era a mellor carta de presentación para ese turismo de calidade ou ese Ribadeo verde”.
O rexedor subliñou: “nosoutros queremos convertelo nun espazo acolledor, rehabilitamos o que ven sendo o lavadoiro, repuxemos pizarra, lousa e a tella que lle faltaba na cuberta, tamén rehabilitamos o seu interior e conservamos a madeira, eliminamos eses cristais que se poñían e ao pouco tempo se rompían. E o que puxemos foron unhas varandas para que prohiban a entrada de calquera maneira polas ventás. Tamén recuperamos e conservamos, rehabilitamos a madeira que está protexendo espazos para que a xente non caia ou non vaia por zonas que evidentemente non son seguras. Tamén os pivotes do aparcadoiro, a limpeza das prazas do aparcadoiro, que xa non se vían. Rehabilitamos tamén o que vén sendo a fonte de Rinlo, coa conservación da pedra, puxemos un protector desa pedra que se desfacía porque co paso do tempo, evidentemente non era unha pedra que tivera un valor arquitectónico, senón que era bañada en cemento e a iso hai que poñerlle un fixador ou un protector, limpamos no seu entorno, limpamos o conduto, tamén arranxamos o que ven sendo todo o camiño, a zona peonil, agora vamos recoller as augas para que non veñan por medio da pista e se destroce todo, o mobiliario urbano e tamén a zona máis paisaxística, máis verde, con esa conservación”.
Para Vega “este espazo, que é un espazo que debemos conservar, é un espazo cultural tamén, porque hai unha cultura detrás de todo isto, aquí eran as redes sociais naquel momento, onde se xuntaban todas as persoas no lavadoiro, falaban, conversaban, á fonte do Cristo tamén acudían moitos veciños e seguen acudindo de forma distinta, pero evidentemente para saber de onde vimos é bo non borrar espazos culturais, espazos que teñen moito sentimento, e desde logo nosoutros o que quixemos foi investir, 100% de orzamento procedente da Xunta de Galicia, estes 30.000 euros que veñen por parte da Consellería do Mar, de Patrimonio do Mar”.
O alcalde considera que “é unha moi boa noticia. Nesta liña é na que vamos, rehabilitamos outros lavadoiros tamén en Rinlo, e noutras parroquias, e hoxe damos un salto importante tamén na conservación do patrimonio, baixo esa programación, baixo esa conservación de todos os espazos verdes e de todos os espazos naturais”.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



