Burela, 14 de maio, 2026. O salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela acolleu este xoves as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar, que foron inauguradas pola conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde. Na apertura estivo acompañada polo director general de Pesca Sostenible do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Ramón de la Figuera, e pola presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.
Tres mesas de debate ao longo da mañá
Durante a sesión matinal celebráronse tres mesas de debate, moderadas pola xornalista Lucía Rodríguez, nas que se abordaron cuestións clave para o presente e o futuro da pesca.
Xestión pesqueira
Interviron Javier Garat (Cepesca e Europeche), Torcuato Teixeira (Federación Nacional de Cofradías) e Ramón de la Figuera (MAPA), achegando as visións do sector e da administración.
Futuro, relevo xeracional e formación
Participaron Francisco González (EONP Gijón e ex-director general de Pesca de Asturias), Ángeles Vázquez (Xunta de Galicia) e Manuel Pablos López (MAPA), que analizaron os desafíos para atraer e formar novas xeracións no sector.
Sostibilidade, socioeconomía e consumo
A mesa contou coa presenza dos catedráticos da USC María Bastida e Gumersindo Feijóo, xunto coa nutricionista Adriana Fernández, que abordaron o impacto social, económico e alimentario da actividade pesqueira.
Tarde centrada na seguridade laboral e no debate político
A sesión de tarde comezou cunha presentación sobre a Comisión Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo, realizada pola directora general de Marina Mercante, Ana Núñez.
As Xornadas Técnicas 2026 concluíron cun debate político sobre a pesca no Parlamento español, no que participaron tres parlamentarios galegos:
Rosa Quintana (PP)
Patricia Otero (PSdeG-PSOE)
Néstor Rego (BNG)























Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



