Castro de Rei, 14 de maio, 2026. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou este xoves na presentación da Vacaloura Gravel, a proba ciclista que se celebrará o vindeiro 28 de xuño no Concello de Castro de Rei. Trátase da primeira edición dun evento impulsado polo Club Ciclista Cidade de Lugo, que nace coa vontade de consolidarse como unha referencia desta modalidade e situar a Terra Chá como o “corazón do gravel en Galicia”.
A presentación tivo lugar no Museo do Castro de Viladonga, onde o presidente do club, David Castro, adiantou que a proba conta xa con máis de 300 persoas inscritas. No seu relatorio, o vicepresidente provincial destacou a aposta do club por unha disciplina “con importante potencial por desenvolver tanto na provincia como no conxunto de Galicia”. Ademais, subliñou que a Deputación apoia este tipo de eventos porque “son un excelente escaparate para o noso patrimonio, fomentan a práctica deportiva e contribúen a consolidar proxectos como o do Club Ciclista Cidade de Lugo”.
Dúas rutas para todos os niveis
A Vacaloura Gravel ofrece dúas modalidades de participación:
Ruta longa: 100 km e 1.400 metros de desnivel
Ruta curta: 55 km e 700 metros de desnivel
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de xuño.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.


