O prazo de inscrición abre o xoves 14 de maio
Lugo, 14 de maio de 2026. A Vicepresidencia da Deputación impulsa unha nova edición da proba de condución deportiva Volante Deputación, que se celebrará os días 30 e 31 de maio no circuíto da Pastoriza.
O vicepresidente Efrén Castro e o responsable de PTC Escuela presentaron esta mañá unha iniciativa que ofrece ás persoas pilotos noveis da provincia a oportunidade de formarse e iniciarse na competición automobilística.
O Volante Deputación mantén o formato habitual: unha parte formativa cun curso de condución e outra competitiva, cunha proba cronometrada da que sairá a persoa gañadora. O premio consiste en participar de forma gratuíta no Rally San Froilán 2026 como piloto titular dentro da estrutura do equipo PTC.
Efrén Castro destacou que “esta proba, que foi pioneira, chega ás quince edicións cun éxito constante de participación e consolidada como unha auténtica canteira do automobilismo en Lugo”. Subliñou ademais que moitos pilotos que pasaron polo Volante Deputación continúan competindo en rallys, “o que demostra o interese e o aproveitamento desta experiencia”.
O Volante Deputación forma parte da rede de apoio da Vicepresidencia ao deporte do motor, que inclúe tamén unha convocatoria anual de axudas para pilotos de rally —dotada con 45.000 euros— e o patrocinio de probas dos campionatos galegos e estatais.
Inscricións: do 14 ao 28 de maio
O prazo de inscrición abrirase o xoves 14 de maio ás 9:30 horas e pechará o xoves 28 de maio ás 12:00 horas. Os formularios estarán dispoñibles na web de PTC Escuela e deberán enviarse ao correo piloto@ptcescuela.com. As 160 prazas cubriranse por orde de recepción da documentación completa (solicitude, DNI e certificado de empadroamento).
Requisitos de participación
As persoas aspirantes deberán cumprir:
– Ter entre 18 e 35 anos na data da selección (30 e 31 de maio).
– Estar empadroadas na provincia de Lugo antes do 14 de maio.
– Non ter quedado entre os 5 primeiros postos de trofeos, copas ou campionatos nacionais ou rexionais (agás karting, slalom e autocross) nos últimos 5 anos.
– Non ter quedado entre os 5 primeiros da xeral en probas nacionais ou rexionais (agás karting, slalom e autocross) nos últimos 5 anos.
– Non ter gañado ningunha edición do Volante Deputación nin outras seleccións de pilotos desde 2012.
– Ter permiso de conducir cando sexa necesario para a formación e competición.
– Cumprir os requisitos da Federación Galega de Automobilismo para obter a licenza de piloto no Rally San Froilán 2026.

























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.


