Mondoñedo, 12 de maio, 2026. A Casa Museo Álvaro Cunqueiro acollerá este domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, dúas citas culturais consecutivas.
A programación comezará ás 11:00 horas cunha charla‑coloquio titulada “Mondoñedo, ¿Patrimonio da Humanidade?”, organizada pola Asociación Cultural Pedregás. A continuación terá lugar a inauguración da exposición “Mulleres”, da artista mindoniense Cristina Carracedo Doural, unha mostra que reúne obras nas que a luz, a cor e a figura feminina son as grandes protagonistas.
Ambos os eventos son gratuítos e abertos ao público.
Sobre a artista: Cristina Carracedo Doural
Nada en Mondoñedo, Cristina Carracedo sentiu desde nena unha forte atracción polo debuxo, aínda que non foi ata 2018 cando a pintura se converteu nun piar fundamental da súa vida. O impulso definitivo chegou co proxecto Carpetas viaxeiras, creado por dúas profesoras do IES San Rosendo, que cada semana lle enviaban obras para reinterpretar ao seu estilo. A artista destaca pola súa predilección pola luz, a cor e, especialmente, pola representación de mulleres, eixo central da exposición que se inaugura este domingo.
























O Concello informa de este mércores producirase un corte no subministro de auga en varias parroquias con motivo das obras de abastecemento que se están a realizar en Landrove. As zonas afectadas serán as parroquias de Chavín, San Pedro, Valcarría, Landrove, Galdo e Magazos ata Ruanova. O corte está previsto entre as 9.00 e as 15.00 horas aproximadamente, polo que se recomenda á veciñanza que tome as medidas oportunas durante esa franxa horaria. Desde o Concello pídeselle comprensión á cidadanía polas molestias que esta incidencia poida ocasionar e lémbrase que se trata dunha afección puntual derivada dunha actuación necesaria para a mellora da rede de abastecemento.
A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo remata o 30 de xuño. Os tres municipios detectaron a necesidade de ofrecer información e apoio á poboación migrante para facilitar a súa regularización e acceso ao emprego, especialmente nun momento no que sectores como os coidados, a construción e o metal precisan man de obra. Os concellos valoran a alta participación e lembran que para dúbidas adicionais está dispoñible o teléfono 655 608 610.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



