Un total de 40 alumnos e alumnas completaron este ciclo de conferencias impartido pola Universidade da Coruña.
Ortigueira, 12 de maio de 2026. O Teatro da Beneficencia acolleu onte a última charla e o acto de clausura da 6ª edición do Programa de Formación Universitaria Específica para persoas maiores de 50 anos, coñecido como Universidade Sénior. Esta iniciativa, froito da colaboración entre o Concello de Ortigueira, a Universidade da Coruña e a Xunta de Galicia, puxo fin a dous meses de actividade académica cunha entrega de diplomas que acredita a dedicación do alumnado.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, cualificou esta nova edición como “un rotundo éxito de participación”, xa que se cubriron todas as prazas dispoñibles durante o período de inscrición: 50. Do grupo inicial, un total de 40 veciños e veciñas da comarca completaron con éxito o programa docente, asistindo regularmente ás sesións celebradas os luns e martes no propio teatro.
Cartelle presidiu o acto —acompañada de Matilde García, directora do programa, e de Susana Iglesias, subdirectora— e realizou a entrega dos títulos ao alumnado graduado. Durante a súa intervención, destacou “la relevancia de este programa para favorecer la actualización de conocimientos entre las personas mayores de 50 años, así como la gran familia que aquí se ha formado”.
A xornada comezou coa última ponencia do curso, a cargo do profesor Salvador Fojón Polanco, quen profundou nas causas e posibles solucións ante o desafío global do cambio climático. Con esta charla pechouse o bloque dedicado ás Ciencias da Vida e da Saúde, que tamén contou durante o mes de maio coa participación de Casto Rivadulla Fernández, falando sobre o cerebro e a memoria, e de Esther Fernández Fernández, quen abordou os procesos de evolución e extinción.
Formación multidisciplinar
Ao longo dos meses de abril e maio, o programa ofreceu unha visión multidisciplinar que comezou co módulo de Humanidades e Ciencias Sociais. Nesa etapa inicial, os asistentes puideron reflexionar sobre a realidade de China con Iván Nieto Cerdeiriña, analizar a arte de vangarda da man de Fernando Agrasar Quiroga e debater sobre os mitos da xustiza penal con Eva Mª Souto García e J. Antonio Ramos Vázquez.
O ecuador do curso estivo marcado polas Ciencias da Terra e a Tecnoloxía, sección na que Miriam Timiraos Díaz expuxo os retos da xestión dixital da auga, Socorro Castro García analizou o futuro do hidróxeno no transporte e José Antonio Cortés Vázquez puxo o foco no papel da cidadanía ante a transición ecolóxica.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



