Burela, 11 de maio, 2026. O CEIP Vista Alegre de Burela leva dúas semanas realizando concentracións para reclamar unha obra integral de rehabilitación, tras documentar numerosas deficiencias nas instalacións. A situación, segundo sinalan desde a comunidade educativa, é similar á doutros centros da vila, que presentan problemas de accesibilidade e deterioro polo paso do tempo.
O voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, denuncia que “os centros educativos do concello teñen moitos anos, non recibiron reformas importantes e non están adaptados á realidade actual, especialmente en accesibilidade e eficiencia enerxética”. Engade que o ensino en Burela precisa “investimentos e persoal”.
Pillado tamén critica que, malia os anuncios de grandes investimentos da Consellería de Educación para a provincia e a comarca, “non vemos que cheguen a Burela, onde hai necesidades evidentes”.
O BNG considera fundamental reforzar o persoal dos centros, especialmente o especializado para atender a diversidade existente na vila. Segundo o voceiro nacionalista, esta é unha demanda recorrente das direccións e das familias: “Entendemos a diversidade como unha riqueza, pero non existe coordinación entre administracións para xestionala”.
O grupo leva máis de dous anos agardando unha reunión coa dirección territorial e anuncia que solicitará unha cita coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para trasladar estas problemáticas.


























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



