Así mesmo trasladarase ao Goberno do Estado esta situación desde o Congreso dos Deputados
Viveiro, venres 15 de maio de 2026. O Tribunal de Instancia de Viveiro é o órgano xudicial de referencia dun amplo partido xudicial que abrangue sete concellos —O Vicedo, Cervo, Ourol, Burela, Xove e Viveiro— e máis de 600 km² da Mariña Occidental lucense. Os datos estatísticos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial nos últimos exercicios evidencian unha situación de sobrecarga estrutural que xa non pode ser tratada como un problema conxuntural.
Sobrecarga e colapso nos xulgados de Viveiro
Ante o colapso xudicial que sofre o Tribunal de Instancia de Viveiro e que repercute directamente na cidadanía da Mariña, unha representación do BNG visitou esta mañá as dependencias xudiciais. Os deputados no Parlamento de Galicia Iago Tabarés e Daniel Castro, o deputado no Congreso Néstor Rego, a portavoz municipal en Viveiro Iria Cotelo e o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, acompañados de representantes sindicais, percorreron as instalacións e contrastaron co persoal a situación de sobrecarga nas distintas seccións, recollendo tamén as súas demandas.
A falta de persoal afecta á tramitación e á atención á cidadanía
Os nacionalistas Iago Tabarés e Daniel Castro sinalaron que “ao problema da planta xudicial engádese a insuficiencia do cadro de persoal funcionario adscrito ao órgano”. Lembraron que os corpos de xestión procesual e administrativa, así como o de tramitación procesual e administrativa, son imprescindibles para o funcionamento do Tribunal, e que a súa escaseza repercute directamente na tramitación dos asuntos, na atención á cidadanía e na execución das resolucións xudiciais.
Engadiron que a dotación actual “non garda proporción coa carga que soporta o órgano, e os datos de pendencia así o confirman”, coincidindo coas reclamacións que o persoal leva tempo trasladando.
O BNG reclama unha nova praza xudicial e o incremento inmediato do persoal
A grave situación do Tribunal de Instancia de Viveiro será tratada no Parlamento de Galicia, onde Daniel Castro e Iago Tabarés instarán á Xunta a dirixirse con carácter urxente ao Ministerio de Xustiza e ao Consello Xeral do Poder Xudicial. Reclamarán a creación dunha nova praza xudicial en Viveiro e o incremento inmediato do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio xudicial, así como a adopción de medidas de reforzo mentres non se cubran as prazas polos procedementos ordinarios.
Pola súa banda, Néstor Rego formulará a correspondente interpelación no Congreso dos Deputados.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



