Burela, 16 de maio de 2026. Burela acolle este sábado 16 de maio a celebración do XVI Encontro de Palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras, unha cita que terá como escenario principal o Porto de Burela e que incluirá diferentes actividades en distintos puntos da vila.
A programación desenvolverase ao longo de toda a xornada do sábado, comezando ás 10:30 horas coa recepción das palilleiras seguido da demostración de traballos ata as 13:30 horas. Ás 11:30 terá lugar a inauguración oficial e, ás 12:00, unha degustación de empanada de merluza de Burela. Durante a mañá tamén están previstas visitas ao Monte Castelo, á igrexa da Vila do Medio e á Moncloa.
Para o xantar será necesario inscribirse previamente antes do 4 de maio. De igual xeito, a organización facilita información sobre establecementos hostaleiros da vila, co obxectivo de apoiar o tecido comercial local e favorecer a actividade económica en Burela durante a xornada.
A actividade retomarase pola tarde cunha nova demostración de traballos ás 16:00 horas. Ás 17:00 celebrarase un sorteo de agasallos e o encontro concluirá ás 19:00 horas co acto de despedida.
Ademais, a xornada estará amenizada por Arume, e contará con actividades de globoflexia e pintacaras para a cativada. O programa complétase con propostas que permitirán seguir descubrindo Burela, como a visita ao Barco Museo Boniteiro Raíña do Carme, a posibilidade de visitar os murais da Cofradía ou participar nunha visita guiada á Moncloa.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, destacou “o enorme traballo que fan As Encaixeiras para sacar adiante un evento destas características, que cada ano consegue reunir en Burela a entre 600 e 700 persoas”. Tamén subliñou que “non só organizan un encontro de referencia en Galicia neste eido, senón que ademais son as mellores embaixadoras de Burela, ensinando a nosa vila a quen nos visita e levando o seu nome a cada concentración á que acoden”.
Finalmente, a concelleira indicou que “este encontro é un exemplo de como tradición, cultura e convivencia van da man, contribuíndo a dinamizar a vida cultural e social da nosa vila”.
Para más información poderase contactar coa organización a través do número 653 29 59 12 ou do email asencaixeiras@gmail.com.



























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.


