A alcaldesa, Marta Rouco, destaca a colaboración coa Deputación de Lugo, que permite ao municipio contar por terceiro ano consecutivo con equipos do parque móbil para actuar no rural vilalbés
Vilalba, 18 de maio de 2026. O Concello de Vilalba continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal do rural coa incorporación, desde a pasada semana, de dous equipos do parque móbil da Deputación de Lugo destinados á rexeneración de pistas municipais.
Un dos equipos está especializado na apertura e limpeza de cunetas, mentres que o segundo realiza traballos de rego e rexeneración do firme dos viais.
Nestes momentos, o equipo encargado da rexeneración do firme está a actuar nun vial do barrio de Moreda, na parroquia de Lanzós. Trátase dunha pista municipal con acceso directo desde a estrada provincial LU‑P‑6502, que dá servizo a varias vivendas e que presentaba un notable deterioro.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “estas actuacións permiten seguir mellorando progresivamente a rede viaria municipal do noso rural, dando resposta a necesidades importantes dos veciños e veciñas das parroquias”. Engadiu ademais que “falamos de pistas fundamentais para o día a día da veciñanza, tanto para os desprazamentos habituais como para a actividade agrícola e gandeira”.
De forma paralela, o equipo encargado da apertura e limpeza de cunetas está a traballar en dous viais municipais da parroquia de San Simón da Costa, concretamente nos barrios de Pude e Ribeira, como actuacións previas á posterior rexeneración do firme.
A rexedora puxo en valor a colaboración institucional coa Deputación de Lugo, que permite ao Concello contar por terceiro ano consecutivo con medios do parque móbil provincial para reforzar os traballos de mellora da rede viaria municipal. “Grazas a este acordo impulsado desde a Alcaldía foi posible actuar xa en máis de 35 quilómetros de pistas municipais de diferentes parroquias do rural vilalbés durante os últimos anos”, explicou Rouco.
A alcaldesa subliñou tamén que “o obxectivo é continuar avanzando na rexeneración progresiva das vías municipais e actuar no maior número posible de pistas, priorizando aquelas que presentan unha maior necesidade de intervención”.
Nas vindeiras semanas, os dous equipos continuarán desprazándose por distintas parroquias do municipio para seguir desenvolvendo actuacións de mellora e mantemento da rede viaria rural.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



