“Desde o concello xa pedimos a cesión deses terreos”, asegura Marta Rouco, que lamenta “unha nova proposta do Partido Popular na que nin se preocupan de enterarse de que é a Xunta propietaria da parcela na que solicitan intervir”
Vilalba, 15 de maio de 2026. O Concello de Vilalba lémbralle ao Partido Popular que a Xunta de Galicia “é a titular da parcela” na que están as antigas vivendas de peóns ‘camineros’.
O concello da resposta desta forma á ultima proposta do PP, que anunciou nas últimas horas que pedirá ao Goberno central no Senado rehabilitar as antigas vivendas de peóns de Vilalba para dirixilas a alugueiro social.
A realidade é que a parcela na que están as vivendas está a nome da Xunta ao 100%; a parcela que está diante é dun 52% da Xunta e dun 48% do Ministerio de Transportes, e a parcela que está ao carón desta última, que non ten edificación ninguha, está a nome do Ministerio de Transportes ao 100%.
“O Concello de Vilalba xa solicitou a cesión desas parcelas, algo que xa notificamos á Demarcación de Estradas para a súa comunicación”, explica a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, que lamenta “o novo exemplo de nula rigurosidade por parte do PP, que pide ao Goberno unha actuación nunha parcela da que é titular”.
Con relación a este tema, a Demarcación de Estradas está ademais a manter contactos coa Xunta de Galicia para a regularización das parcelas no Rexistro da Propiedade, paso previo para proceder á súa desafectación para a cesión ou venta destas.
Pola súa banda, o senador socialista César Mogo criticou que “os senadores do PP por Lugo volveron dar a nota ao reclamar que o Goberno de España reparase e destinase ao aluguer unhas casetas abandonadas dos peóns camiñeiros que, en realidade, están situadas nunha propiedade da Xunta de Galicia”. Para Mogo, trátase “dunha nova metedura de pata que se suma ao ranking de disparates que os senadores lucenses lideran comodamente na Cámara Alta”.
O senador sinalou que “non se sabe se é mala fe ou ignorancia, ou unha mestura de ambas”, pero considera evidente que “deron mostra de indocumentación ao esixir publicamente ao Goberno que actúe nunha propiedade que non lle pertence”. Engadiu que, “se tivesen algunha vocación de traballo, poderían informarse antes sobre a titularidade e dirixirse ao verdadeiro responsable, que é a Xunta de Galicia”.
Mogo lembrou que é a administración autonómica quen debe “encargarse da reparación das casetas e, posteriormente, destinalas ao aluguer, dado que dispón das competencias en materia de vivenda pública”. Por iso, reclamou que “agora sexan os senadores do PP quen lle esixan á Xunta que actúe, porque o que sería unha enorme desvergoña é que, advertidos do erro, non o fagan”.
O senador denunciou que esta situación “forma parte da fraude política que os senadores do PP practican cada semana: presentan iniciativas que moitas veces nin sequera se debaten e fanse a foto para ter presenza nos medios”. Segundo Mogo, “nada diso axuda aos lucenses, e menos aínda cando meten a pata por non informarse, como volven facer agora con Vilalba”.
Finalmente, advertiu que “o PP de Vilalba ten un grave problema ante a excelente xestión da alcaldesa e do equipo de goberno; e a iso súmase outro cada vez que os seus senadores visitan o municipio e se dedican a cometer erros que poñen en cuestión o seu propio crédito”.






















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



