O Valadouro, 15 de maio, 2026. O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará o Cancioneiro do Valadouro o vindeiro domingo, 17 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Ferreira, nun acto que se enmarca na celebración do Día das Letras Galegas no concello. Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro.
O Cancioneiro do Valadouro reúne un total de 270 cántigas recompiladas ao longo de décadas por Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, tres investigadores que contribuíron de maneira decisiva a preservar e poñer en valor este legado cultural único. O caderno especial editado polo SEVA convértese así nunha ferramenta fundamental para a memoria colectiva e a transmisión da tradición musical da comarca.
Durante o acto de presentación, que dará comezo ás 19.00 horas, o público poderá gozar tamén dun acompañamento musical en directo. Interpretarase O pranto da Frouseira, con música de Miro Casabella e posta en escena por dúas cantantes, unha violinista e unha chelista de Lugo. Ademais, soarán varias cántigas tradicionais da man do músico focense Mano Panferreteiro e da cantante Branca Villares, e pecharase coa interpretación bailada da Mazurca do Cadramón, a cargo da Asociación Amado Lar.
A xornada promete ser unha homenaxe vibrante á música, á palabra e á identidade cultural do Valadouro, celebrando o Día das Letras Galegas cunha obra que fixa para o futuro unha parte esencial da súa memoria popular.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.



