O obxectivo principal das actividades é dar a coñecer o funcionamento das Administracións Públicas seguindo os principios de Goberno Aberto, como a transparencia e a participación cidadá
Lugo, 15 de maio de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, anunciou hoxe as actividades que se desenvolverán a partir do próximo luns con motivo da Semana da Administración Aberta, que incluirán unha visita guiada ao Centro Penitenciario de Monterroso, dúas xornadas de portas abertas para dar a coñecer os servizos da Subdelegación á cidadanía e unha charla sobre administración electrónica.
O obxectivo principal desta iniciativa é dar a coñecer o funcionamento das Administracións Públicas seguindo os principios de Goberno Aberto, como a transparencia e a participación cidadá. Así, a subdelegada asistirá o luns 18 de maio á visita guiada ao Centro Penitenciario de Monterroso, dirixida aos alumnos do ciclo superior en integración social do Centro Integrado de Formación Profesional da Politécnica de Lugo.
O martes, 19 de maio, a Subdelegación acollerá, ás 11:00 horas, a visita dos alumnos de cuarto da ESO do IES Lucus Augusti. López recibirá aos visitantes e persoal da Subdelegación para mostraralles as instalacións e explicaralles as orixes da institución. Ademais, a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, Rosa María Rivas, ofrecerá unha charla sobre violencia en contornas dixitais e como previla.
O 21 de maio, xoves, usuarios de centros cívicos asistirán a unha charla titulada “Administración Electrónica” na Subdelegación, ás 10:00 horas, que versará sobre trámites habituais, a utilidade da administración electrónica e o acceso ao Portal de Transparencia.
Para rematar, o venres 22 de maio, as portas da Subdelegación lucense estarán abertas para a poboación xeral (ata completar aforo) interesada en coñecer de preto o seu funcionamento e os principais servizos públicos cos que conta, que poderá comprobar de primeira man nunha visita guiada a partir das 10 horas. A subdelegada anima aos lucenses a coñecer “o traballo que se leva a cabo na institución, como nexo entre a cidadanía de Lugo e o Goberno de España”.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



