Foz, 15 de maio de 2026. O deputado Daniel García inaugurou este martes no Cenima de Foz e exposición “Tecendo redes: Migración, Arte e Lugo”, impulsado pola Rede Museística Provincial e a Asociación Rioplatenses de Lugo no marco do proxecto Museo da Migración.
A mostra reúne nove propostas plásticas de artistas de diferentes países, disciplinas e contextos culturais que reflicten experiencias vitais vinculadas á migración ou á diversidade cultural. Pedro Cantero, Alisa Smirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruiz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni son as e os artistas detrás desta exposición colectiva que poderá verse ata o 27 e xuño nas salas do Cenima.
Daniel García sinalou “A Mariña como o marco idóneo para acoller esta mostra que busca crear espazos de participación, convivencia e diálogo arredor das experiencias migratorias. Temos unha longa tradición de convivencia e diversidade cultural que se afianza con proxectos coma este, que nos achegan narrativas diversas sobre a migración e que buscan o intercambio e a aprendizaxe conxunta”.
A mostra, comisariada por, Ana María Bereciartúa Gasperini, Leonardo Ezequiel Casado, Encarna Lago González e Daniel Manuel Vázquez Vila, incorpora tamén pezas realizadas por persoas usuarias do Taller da Ulloa arredor da temática migratoria e do proxecto de recuperación da memoria da migración “Historias de vida das mulleres de Lugo cara a Barcelona”.
O acto de inauguración contou cunha performance poético-literaria de Simón Rodríguez “O Galego de Caracas” e unha actuación musical de Henry Vidal, que acompañou a visita do público pola exposición. A Rede Museística desenvolverá nas vindeiras semanas obradoiros e actividades para dar a coñecer o conxunto das propostas artisticas e dinamizar a mostra.






















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



