Desde que se produxo a transición á democracia e ata hai uns anos, as dereitas españolas aínda lograron manter un certo pudor no exercicio da acción política.
Pero, dende a aparición do Trumpismo e a emerxencia de VOX, o escenario político cambiou. As dereitas fóronse radicalizando e degradando o seu discurso ata lograr normalizar un certo comportamento pendencieiro na práctica política diaria. Pasando de finxir que os conducía a virtude e as boas prácticas no desenvolvemento da acción política a traspasar as mínimas normas do decoro que operan en toda vida pública civilizada.
Esta nova actitude que rachou con todo formalismo democrático, as levou a abandoar toda labor de oposicion fundamentada en debates programáticos e nunha moral revestida dun certo pragmatismo para ir decididamente polo poder dende un claro exercicio de cinismo político onde todo vale.
Este comportamento ateigado de desfachatez e de descaro dá a impresión de que forma parte da súa mensaxe, no senso de querer provocar unha sensación de clara ruptura cos consensos democráticos tradicionais e desta forma, canalizar os descontentos sociais hacia todo o que proporciona concordia, estabilidade e avances progresistas, porque o que realmente se busca é tensionar a vida pública e dificultar todo tipo de diálogo institucional que posibilite o acordo entre diferentes.
Nesta estratexia de buscar a confrontación e a degradación da vida pública democrática, non só está a dereita política, pois todo indica que hai unha coordinación de actores implicados e operando na mesma direccion. Isto é o preocupante, xa que nos permite pensar que a batalla que se está librando vai moito máis aló do normal xogo político nun sistema democrático ata afectar ás mesmas costuras do sistema, o que está a provocar desconfianza en amplios sectores sociais no devandito sistema e no propio Estado.
Igual, con esta estratexia tan ao límite, é o que se está a buscar: erosionar e desestabilizar a democracia para avanzar deica un sistema post democrático no que se poña en cuestión todas as conquistas sociais e políticas levadas a cabo ao longo destes últimos cincuenta anos.





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



