Burela, 24 de xuño de 2026. A Sociedade Deportiva Burela celebrará o vindeiro luns 30 de xuño a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria na antiga biblioteca municipal.
A convocatoria terá lugar ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
Durante a Asemblea Ordinaria presentarase aos socios a memoria deportiva da tempada 2025-2026, o estado das contas da entidade e o plan previsto para a tempada 2026-2027.
Posteriormente celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se dará conta do proceso electoral desenvolvido nas últimas semanas. Finalizado o prazo de presentación de candidaturas, foi presentada unha única candidatura encabezada por Jairo Campo Vázquez, que será proclamada para o mandato 2026-2030.
A actual directiva afronta esta nova etapa coa ilusión de continuar impulsando o crecemento da SD Burela, unha entidade que celebra o seu 60 aniversario e que conta cunha estrutura deportiva que abarca desde o fútbol base ata o equipo sénior, actualmente en preferenre
A SD Burela agradece o apoio dos seus socios, patrocinadores, colaboradores e afeccionados, fundamentais para seguir facendo medrar este proxecto deportivo e social.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.


