Cervo, 24 de xuño do 2026. O Concello de Cervo clausurou unha nova edición do programa de envellecemento activo Arruguiñas, unha iniciativa gratuíta dirixida á veciñanza maior de 60 anos que reuniu ao longo do curso a máis dun centenar de participantes.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, as concelleiras Mali Méndez e Pilar Armada, e os edís Adrián Arias e Alfredo Fernández, fixeron entrega dos diplomas acreditativos ás persoas participantes. Ademais, como mostra de agradecemento pola súa implicación ao longo do ano, cada unha delas recibiu un tulipán amarelo de agasallo.
Arruguiñas naceu coa finalidade de promover un envellecemento activo e saudable, favorecendo a participación social, o benestar emocional e a autonomía das persoas maiores a través dun amplo abano de actividades adaptadas aos seus intereses e necesidades.
Ao longo desta edición desenvolvéronse sesións de exercicio físico “móvete” talleres de memoria, actividades de estimulación cognitiva e psicomotricidade “actívate”, talleres terapéuticos, charlas informativas ou iniciación a lingua de signos. Como novidade deste curso incorporáronse clases de inglés práctico orientadas a situacións cotiás, co obxectivo de facilitar a comunicación en contextos do día a día, especialmente durante as viaxes, nas compras ou en conversas sinxelas.
Durante a súa intervención, a alcaldesa quixo trasladar o seu agradecemento ás persoas participantes pola súa implicación e constancia. “A magnífica resposta que volveu ter Arruguiñas é a mellor demostración do interese da nosa veciñanza maior por seguir activa, aprendendo e compartindo experiencias. É unha satisfacción comprobar o éxito dunha iniciativa que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas participantes e que favorece tamén a creación de espazos de convivencia e relación social”, sinalou.
Dolores García Caramés tivo tamén palabras de recoñecemento para as monitoras encargadas de impartir as diferentes actividades, destacando “a súa profesionalidade, dedicación e cercanía, fundamentais para que o programa continúe medrando ano tras ano e manteña o elevado nivel de participación que o caracteriza”.
A rexedora anunciou, ademais, a vontade do Goberno local de dar continuidade ao programa. “Seguiremos apostando por Arruguiñas porque consideramos prioritario promover iniciativas que fomenten o envellecemento activo e o benestar da nosa xente maior”, concluíu.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



