A agrupación socialista abre unha nova etapa para reforzar o proxecto municipal de cara ás eleccións de 2027
Pastoriza, 24 de xuño de 2026. A Asemblea Extraordinaria da agrupación socialista de Pastoriza acordou a elección e constitución da nova Comisión Executiva Municipal, no marco do proceso de renovación e fortalecemento orgánico do PSdeG no ámbito local e provincial.
A militancia elixiu a Montserrat Casanova como nova secretaria xeral do PSdeG, unha responsabilidade que asume co obxectivo de reforzar o proxecto socialista no municipio, ampliar a participación da agrupación e traballar para acadar a alcaldía nas vindeiras municipais de 2027. Casanova será tamén a nova voceira socialista no Concello.
A nova Comisión Executiva Municipal complétase cos seguintes cargos:
Secretaría Xeral: Montserrat Casanova Ónega
Secretaría de Organización: Primitivo Iglesias Sierra
Secretaría de Política Veciñal: José Corral Cabado
Dende a dirección provincial sinalan que este proceso vén contribuír á normalización da agrupación socialista no ámbito local e supón tamén unha aposta de futuro de cara ás eleccións municipais de 2027, reforzando o proxecto socialista de Pastoriza.
A nova etapa aproveitará a experiencia acumulada polo traballo e a xestión dos equipos anteriores, encabezados polo exalcalde socialista Primitivo Iglesias, ao tempo que incorpora novas persoas e novas propostas para o municipio. Deste xeito, o PSdeG inicia unha nova etapa orgánica coa vontade de fortalecer a agrupación local e preparar un proxecto renovado para a Pastoriza nas municipais de 2027.



















Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



