A recente decisión de Amalia Bóveda, filla do mártir Alexandre Bóveda, de non participar na inauguración da exposición do cadro de Castelao “A derradeira lección do mestre” no Museo de Pontevedra, constitúe un acto de dignidade e coherencia cívica que pon ao descuberto a cativeza moral do actual Goberno da Xunta de Galicia. Nun momento de perigosa deriva reaccionaria, a súa ausencia é, paradoxalmente, a presenza máis clamorosa dunha verdade que o PPdeG de Alfonso Rueda tenta soterrar baixo dunha capa de verniz institucional e falso galeguismo.
Resulta dunha profunda hipocrisía institucional que o Presidente Rueda e a súa administración pretendan fotografarse diante da obra máis simbólica do noso exilio, pintada por Castelao precisamente en homenaxe a Alexandre Bóveda (Castelao escolleu a súa como faciana do mestre morto), asasinado pola barbarie fascista e a todas as persoas represaliadas polo franquismo, mentres persisten na súa estratexia de negación. Amalia Bóveda denuncia con claridade que non se pode admirar a obra mentres se despreza o motivo polo que foi creada, lembrando que o PPdeG votou en contra de institucionalizar o 17 de agosto como o ‘Día da Galiza Mártir’ en mais de catro ocasións, tanto na Deputación de Pontevedra como no Parlamento galego.
A actitude de Bóveda supón un punto de non retorno: o PPdeG decidiu habitar definitivamente no terreo da dereita radical e ultradereita españolista, renunciando a calquera pretensión de centralidade. Asumen o revisionismo histórico por medo a Vox. A estratexia de Rueda, lonxe do “sentidiño” que pregoa, é unha claudicación política ante os sectores máis centralistas e involucionistas. Ao inventar conceptos falsos e espurios como o “fascismo de esquerdas” para se situar nunha falsa equidistancia, o Presidente da Xunta non só falta á verdade, senón que insulta a memoria de quen deu a vida pola liberdade.
Amalia Bóveda sinala aqueladamente que o anterior Presidente Feijóo xa practicara un tacticismo baleiro, mais a etapa actual de Rueda ultrapasou os límites da decencia ao procurar o branqueamento político daqueles que negan os dereitos das vítimas e das súas familias.
Dende o ano 2014, os gobernos do PPdeG evitaron deliberadamente levar o recoñecemento dos mártires ao debate parlamentario, fuxindo do control democrático e actuando de xeito partidista. Non se pode soster o pincel de Castelao coa man esquerda mentres coa dereita se borra a nosa memoria e relativízanse as esixencias dos Dereitos Humanos. O galeguismo político, por natureza, é o oposto ao apoio na extrema dereita, e calquera intento de conxugar ambos é un cinismo político non aturábel.
A memoria democrática non é unha ollada ao pasado, senón o alicerce dunha construción colectiva que esixe verdade e xustiza. Amalia Bóveda, ao recoller o premio Pontevedresa 2026, deixou claro que a memoria ha ser o temón para que os mártires desembarquen coa honra da que son merecentes, denunciando que as institucións actuais optaron polo naufraxio antes que polo rescate dos mestres. Xa non valen as escusas nin as demoras: ou se está cos Dereitos Humanos ou se está en contra deles.
En último de contas, a lección de Amalia Bóveda é a dunha Galicia que se nega a ser mercadoría electoral ou decorado para fotos baleiras de contido. O PPdeG de Rueda, ao converter a nosa historia nun escenario de incongruencia política, demostra que a súa única prioridade é a supervivencia partidista á conta de asimilar os postulados máis retrógrados do centralismo madrileño. A elección da mestra Amalia é decisiva porque nos lembra que a dignidade non ten prezo e que a memoria de Galicia non se negocia cos herdeiros da ditadura.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



