Mondoñedo, 28 de xuño de 2026. O deputado de Rural Daniel García achegouse á rapa das bestas do Campo do Oso, que se celebrou este domingo e que contou coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Centos de persoas seguiron o traballo das aloitadoras e aloitadores para rapar e identificar os cabalos dentro do curro, unha tradición que as ganderías de Santa María Maior, en Mondoñedo, manteñen xeración tras xeración.
O responsable provincial de Rural Daniel García destacou “o seguimento que ano tras ano ten esta actividade” e avogou porque ” a dimensión festiva e turística que acadou a rapa sirva tamén para unha maior valoración por parte da sociedade do traballo de gandeiras e gandeiros que a manteñen e que, coa súa labor diaria, contribúen á conservación do territorio e das paisaxes fronte ao abandono ou aos incendios”
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación achegou 16.000 á organizacion da rapa, boa parte deles destinados a investimentos no curro e noutros elementos de manexo do gando, contribuíndo un ano máis á continuidade desta celebración popular.
Durante a xornada, ofreceuse tamén unha degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega, encadrada dentro do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



