Ribadeo, 25 de xuño de 2026. O 28 de xuño arrinca unha nova edición do Mercado dos Domingos, que se desenvolverá na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo. Está organizado polo Concello en colaboración coa asociación de produtoras A Sucadoira.
O alcalde, Dani Vega, contou que “volven os Mercados dos Domingos, que darán comezo o 28 de xuño e se prolongarán ata o 11 de outubro no entorno da Praza da Abastos. O que queremos é seguir con esa vocación de aposta clara polos produtos de proximidade, polos produtos de calidade e desde logo todas estas persoas, todos estes produtores teñen un espazo que xa tradicionalmente teñen en Ribadeo”.
E tivo palabras de agradecemento para A Sucadoira: “agradecer á asociación a Sucadoira todo o traballo que está facendo conxuntamente co Concello e coa co Xunta, agradecer tamén á Xunta con ese impulso económico que tamén nos dá para facer actividades de promoción, de difusión e tamén de dinamismo do propio mercado e tamén agradecer a Área de Desenvolvemento Local, tanto a Silvia como a Marta, todo o traballo que están facendo conxuntamente coa Sucadoira”.
Vega subliñou: “empezamos outra vez con Mercado dos Domingos. Recordade que será de 9 a 14 horas na contorna da Praza de Abastos mercado de proximidade, mercado de calidade, Mercado dos Domingos en Ribadeo”.
O Mercado dos Domingos contará coa participación de 15 produtores e produtoras locais. A iniciativa converterá este espazo nun punto de encontro entre a veciñanza e o sector produtor da comarca, ofrecendo unha ampla variedade de artigos de proximidade e de elaboración artesanal
Entre os produtos que se poderán atopar figuran os da horta, coitelería, setas, pan e outras elaboracións e propostas vinculadas ao territorio e á produción local.
O obxectivo desta acción é apoiar o tecido produtivo de proximidade, dinamizar a contorna da Praza de Abastos e fomentar hábitos de consumo responsables e sostibles, reforzando ao mesmo tempo a conexión directa entre produtores e consumidoras e consumidores.
Ademais da oferta comercial, o mercado contará con actividades de dinamización pensadas para complementar a experiencia de compra e contribuír a crear un ambiente atractivo, participativo e familiar arredor do produto local. Esta programación busca non só incentivar as vendas, senón tamén visibilizar a calidade, a diversidade e o valor engadido dos produtos de proximidade, así como o papel fundamental que desempeñan as pequenas produtoras e produtores na economía local.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



