A Xunta advirte que as decisións non se poden tomar de costas ao sector: “Sen frotas viables non hai seguridade alimentaria, e sen comunidades costeiras vivas non hai Europa marítima”
Bruxelas, 25 de xuño do 2026. Galicia liderou hoxe en Bruxelas a defensa da posición común das rexións marítimas europeas sobre a orientación futura da Política Pesqueira Común (PPC). O debate estratéxico, titulado “Trazar a reforma da PPC para garantir o futuro da pesca e as comunidades costeiras de Europa”, organizado pola Xunta de Galicia en cooperación co Comité Europeo das Rexións (CdR) e a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), que reuniu a eurodeputados, representantes de alto nivel da Comisión Europea (DG MARE), líderes políticos rexionais e colectivos profesionais do sector pesqueiro e acuícola europeo.
Na sesión, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidenta do Grupo de Traballo de Pesca da CRPM, salientou que “a Unión Europea afronta unha etapa decisiva coa avaliación do regulamento vixente, a futura Visión 2040 e a vindeira programación financeira”, marcos que definirán o modelo de pesca para as próximas décadas. Así, advertiu que os obxectivos ambientais son irrenunciables, pero non haberá unha sustentabilidade ecolóxica duradeira se as actividades pesqueiras deixan de ser viables económica e socialmente. Por iso, instou a reequilibrar estes piares para garantir a supervivencia das comunidades litorais, recordando que Europa non pode aspirar a reforzar a súa autonomía estratéxica mentres incremente a súa dependencia das importacións.
O manifesto de Galicia e a CRPM propón reequilibrar os impactos da PPC para que Bruxelas avalíe as consecuencias socioeconómicas no litoral antes de tomar decisións. Así, demanda substituír o enfoque punitivo da obriga de desembarque por un modelo pragmático baseado na prevención, a selectividade das artes e a innovación científica.
O documento sitúa a descarbonización da frota como eixe central, esixindo eliminar de urxencia os límites de capacidade de arqueo que hoxe frean a renovación de buques por outros máis limpos, eficientes e seguros para as tripulacións. Esta medida acompáñase dunha simplificación normativa que reduza a asfixia burocrática do sector sen comprometer, en ningún caso, a trazabilidade do produto.
Finalmente, o texto reclama reforzar a dimensión exterior para garantir unha verdadeira igualdade de condicións (level playing field). A conselleira defendeu que as importacións de terceiros países cumpran estritamente cos mesmos estándares ambientais, sanitarios e sociais que se lle esixen aos produtores europeos, evitando así asimetrías comerciais desleais.
Alianza institucional e clamor do sector
Pola súa parte, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, recordou o papel indispensable que xogan as administracións rexionais na gobernanza europea. A súa proximidade coas comunidades costeiras e a súa competencia en desenvolvemento territorial outórganlles unha posición privilexiada para deseñar e aplicar enfoques integrados que fuxan de visións unilaterais.
Nas súas conclusións, que recolleron as demandas comúns manifestadas polas frotas de España, Francia, Italia e Portugal, Marta Villaverde concluíu cunha mensaxe directa cara ás institucións comunitarias: “As decisións sobre o futuro do mar europeo non se poden construír á marxe de quen vive del”. E insistiu en que “as rexións estamos listas para asumir a nosa responsabilidade, porque temos claro que sen frotas viables non hai seguridade alimentaria, sen industria de transformación competitiva pérdese emprego, e sen comunidades costeiras vivas, simplemente non hai Europa marítima”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.