O incremento da poboación durante a época estival fai necesaria unha maior colaboración cidadá para manter as rúas limpas, evitar malos cheiros e garantir a salubridade dos espazos públicos
Burela, 25 de xuño de 2026. O Concello de Burela reforzará durante os meses de verán os labores de vixilancia e control relacionados coa xestión dos residuos, coincidindo co incremento considerable da poboación que experimenta o municipio durante a tempada estival.
A maior afluencia de residentes e visitantes provoca tamén un aumento do volume de lixo xerado. Por este motivo, o Concello utilizará todos os medios municipais ao seu alcance para comprobar o correcto depósito tanto dos residuos domésticos como dos enseres e obxectos voluminosos.
Desde o Goberno local lémbrase que non está permitido deixar bolsas de lixo, caixas, mobles ou calquera outro residuo na vía pública nin ao carón dos contedores. As bolsas deberán estar correctamente pechadas e depositarse no interior dos recipientes correspondentes. No caso de que un contedor estea cheo, deberase buscar outro próximo que dispoña de capacidade, evitando en todo momento abandonar o lixo no exterior.
Os residuos domésticos deberán depositarse nos contedores entre as 20.00 e as 00.00 horas, unha medida especialmente importante durante os meses de máis calor para reducir a aparición de malos cheiros, pragas e problemas de salubridade.
Servizo gratuíto para a recollida de enseres
O Concello recorda que a cidadanía dispón dun servizo gratuíto de recollida de enseres e residuos de gran volume, polo que non existe ningunha xustificación para abandonalos nas rúas ou xunto aos contedores.
Para solicitar a súa recollida é necesario contactar previamente no teléfono 626 763 142, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Estes residuos tamén poden trasladarse ao punto limpo municipal, aberto:
De luns a venres, de 16.30 a 20.30 horas.
Os sábados, de 09.00 a 13.00 horas.
Así mesmo, Burela conta cun servizo de recollida de papel e cartón porta a porta destinado aos grandes xeradores, que funciona de luns a sábado, entre as 11.00 e as 14.00 horas, co obxectivo de evitar a saturación dos contedores e a acumulación destes materiais na vía pública.
Controis e posibles sancións
O Concello incrementará os controis durante a época estival e, cando se detecten incumprimentos da ordenanza municipal de limpeza, iniciaranse os correspondentes expedientes sancionadores.
As sancións por depositar ou abandonar residuos de maneira incorrecta poden oscilar entre os 100 e os 3.000 euros, en función da gravidade da infracción.
Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e á colaboración de residentes, establecementos comerciais e visitantes. Manter Burela limpa é unha tarefa compartida, especialmente durante unha época na que aumenta a utilización dos espazos públicos e dos servizos municipais.
“Contamos cun servizo gratuíto e con medios suficientes para xestionar correctamente os residuos. Pedimos que se respecten os horarios, que as bolsas se depositen pechadas dentro dos contedores e que se solicite a retirada dos enseres. O Concello reforzará os controis e actuará cando sexa necesario para protexer a limpeza, a convivencia e a imaxe de Burela”, sinala Ramiro Fernández, tenente de alcalde do Concello.




















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



