A Coruña, 30 de xuño de 2026. A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión institucional co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez, quen é tamén patrón maior da confraría de Ribeira. No encontro, celebrado na sede do ente público na Coruña, abordáronse os eixos de traballo prioritarios para a presidencia do ente público que Botana ostenta desde o pasado día 17 deste mes.
A reunión co presidente da Federación Galega de Confrarías é o primeiro encontro institucional da presidenta de Portos de Galicia, que nos vindeiros días manterá xuntanzas con todos os presidentes das federacións provinciais de confrarías así como cos principais representantes do sector náutico recreativo e operadores portuarios.
Durante a reunión desta mañá puxéronse en común as principais liñas de actuación de Portos de Galicia así como as problemáticas e necesidades dos colectivos profesionais e as vías de traballo da administración portuaria para continuar a darlles resposta. Ambas partes coincidiron na evolución positiva das instalacións e a vontade de traballo conxunto e coordinado para avanzar nesta liña.
Federación provincial da Coruña
Logo do seu encontro con Pérez Sieira, Natalia Botana recibiu tamén ao presidente da federación provincial de confrarías da Coruña e patrón maior de Muros, Daniel Formoso. A presidenta de Portos reiterou a súa vontade de coordinar co sector as principais liñas de actuación para que os portos sirvan de valor engadido á actividade produtiva dos profesionais do mar.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



