O senador mariñán José Manuel Balseiro considera “incomprensible” que dispoñendo das luces instaladas non se poñen en funcionamento porque “o obxectivo é precisamente previr accidentes”
Ribadeo, 1 de xuño de 2026. Os populares censuran que o Goberno de Sánchez se negue a iluminar as rotondas de acceso ao polígono e á variante de Ribadeo dende a A-8 como tiña solicitado o alcalde, Dani Vega, para garantir a seguridade dos usuarios nestas infraestruturas clave que xa dispoñen da instalación.
Os senadores do PP lucense -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano- dirixíronse formalmente ao Goberno de España a petición do rexedor e o goberno local que, despois de trasladar esta demanda ata en catro ocasións sen recibir resposta, continúan preocupados polos riscos que supón a falta de iluminación nestes accesos.
E, ante as súas preguntas, o Executivo estatal confirma por escrito que para acender as luces nestas zonas “ten que haber máis intensidade de circulación de vehículos ou rexistrar accidentes”. Nese sentido, os populares consideran que “é incomprensible que non acendan as luces porque o prioritario debería ser previr calquera tipo de risco”. É máis, “se as luces están instaladas, o normal sería poñelas en funcionamento”, segundo asegura o senador mariñán José Manuel Balseiro.
A resposta oficial do Goberno de España recolle que “non se dan nos enlaces de Ribadeo da A-8” as circunstancias para cumprir os criterios de iluminación. Si se producen máis de 120 días de choiva ao ano; pero, con carácter xeral, a intensidade media de circulación de vehículos deber ser superior a 60.000 vehículos ao día -e son 11.000 vehículos/día no caso de Ribadeo- ou tratarse dun tramo de concentración de accidentes -circunstancia que tampouco se dá-.
Balseiro condena que “condicionen o acendido da iluminación ao número de sinistros, cando o obxectivo da iluminación é precisamente previr accidentes e garantir a seguridade viaria. Nos entendemos que a iluminación é prevención e o Goberno de Sánchez entende que non é necesario ata que se produzan accidentes”, censura.
O alcalde de Ribadeo incide en reclamar “unha solución inmediata” porque “estamos a falar dun tema de seguridade”. Así mesmo, lembra outras reivindicacións pendentes en materia de infraestruturas, como a necesidade dun segundo acceso á A-8 en Ribadeo e a conexión coa rede viaria provincial: “son accesos moi importantes que se levan reivindicando historicamente co apoio de tódolos grupos da Corporación Municipal”, conclúe.





















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



