O cartel desta nova edición reunirá nomes do panorama internacional da talla de Iron Maiden, Marilyn Manson, Limp Bizkit, Anthrax, A Day To Remember, Trivium ou Sabaton
Lugo, 26 de xuño de 2026. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o membro da organización do Resurrection Fest Esteban Girón presentaron este venres, nos xardíns do Pazo de San Marcos, a vixésimo primeira edición do festival. A cita internacional do hardcore, metal e punk celebrarase do 1 ao 5 de xullo e contará un ano máis cun patrocinio de 150.000 euros da Deputación de Lugo, institución que apoia este evento desde a súa primeira edición.
Rivera Capón puxo en valor o crecemento experimentado polo Resurrection Fest e a proxección internacional que lle achegou á Mariña e á provincia de Lugo, ao tempo que lembrou a figura do entón alcalde Melchor Roel, “que soubo ver unha oportunidade onde outros podían ver unha aventura incerta”.
Salientou que o Resurrection Fest é “un claro exemplo de como a cultura pode crear riqueza, actividade económica e emprego, ao tempo que dinamiza sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio ou os servizos”. O Deputado subliñou que o apoio da institución responde tamén ao compromiso cun modelo de turismo sostible, de calidade e vinculado ás experiencias.
Un festival que traspasa fronteiras
Segundo explicou Esteban Girón, esta edición pasarán polo festival máis de 140.000 persoas ao longo dos catro días de celebración. O cartel reúne a 100 bandas de todo o mundo, que actuarán durante 12 horas diarias nos catro escenarios habilitados, convertendo o campo de fútbol de Celeiro “nun pequeno parque temático”.
Haberá público de máis de 40 países, reforzando a súa dimensión global cunha alta demanda internacional de entradas e aloxamento na comarca. Repítese a iniciativa das vodas dentro do festival, que xa suma máis de 1.500 persoas inscritas, converténdose nun dos elementos máis singulares do evento a nivel europeo.
O cartel desta edición estará encabezado por Iron Maiden, Marilyn Manson, Limp Bizkit, Sabaton, Anthrax, Trivium, A Day To Remember, Mastodon ou Testament, entre outros artistas de referencia do panorama internacional do rock e do metal.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.


