Burela, 27 de xuño de 2026. O Concello de Burela, a través da delegación de Deportes, desenvolverá durante os meses de xullo e agosto unha programación de actividades deportivas e de lecer dirixida á rapazada e á veciñanza en xeral.
O programa Verán Burela 2026 dará comezo o vindeiro 6 de xullo e prolongarase ata o 28 de agosto. Ao longo deste período realizaranse diferentes actividades, entre elas xogos na praia, rutas de sendeirismo, sesións de happy dance, rutas en bicicleta, actividades de iniciación ao baloncesto e ao surf.
As inscricións poderán realizarse na Casa da Xuventude entre os días 29 de xuño e 2 de xullo, cun prezo de oito euros por actividade e mes. As persoas interesadas tamén poderán consultar a información e descargar a ficha de inscrición a través da páxina web municipal ou solicitar máis información na Casa da Xuventude.
Ademais, o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena, explicou que “a Concellería de Deportes organizará outras propostas ao longo do verán, como torneos de fútbol 3×3, fútbol praia, baloncesto 3×3 e vólei praia, así como a Carreira Popular e o Día da Bicicleta”.





















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.


