Ribadeo, 25 de xuño, 2026. Ribadeo prepárase para vivir unha fin de semana chea de animación, música e solidariedade coa celebración da segunda edición de A Troula Rayista. Durante o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de xuño, veciñanza e visitantes poderán gozar dunha programación moi completa, pensada para todos os públicos e que combina o ocio estival cunha causa social de fondo.
O evento está organizado polo equipo de fútbol veterano Rayo Ribadeo. A iniciativa naceu o ano pasado da vontade da directiva de facer “algo por y para Ribadeo”, dinamizando a vida social do municipio. Desde o primeiro momento, os organizadores tiveron claro que a cita debía contar cun forte compoñente benéfico. Nesta segunda edición, renóvase a colaboración coa asociación CMT Spain e engádese un motivo de apoio moi próximo: axudar a Naiara, unha nena ribadense de 8 anos que convive cunha enfermidade rara. Parte da recadación obtida no servizo de bar durante toda a fin de semana destinarase directamente á familia da pequena e á citada asociación.
A Troula Rayista consolídase como unha alternativa de ocio integral, ofrecendo un amplo abano de propostas no seu recinto:
– Mercado artesanal: arredor de 60 postos con produtos únicos, artesanía e variedade de creacións.
– Oferta gastronómica: unha área con 6 foodtrucks con diferentes opcións para comidas, ceas e petiscos.
– Música en directo e espectáculos: concertos, sesións de DJ e agrupacións tradicionais.
– Actividades infantís: espectáculos continuos de circo e propostas específicas para os máis pequenos.
Programa completo de actividades
Venres 26 de xuño
Horario do recinto: 19:00–01:00 h
22:00 h – Concierto: KornuCopia.
Sábado 27 de xuño
Horario do recinto: 11:00–04:00 h
13:30 h – Actuación de Pandereteiros do Inferno.
14:30 h – Sesión musical con DJ Darío.
19:00 h – Show de circo (espectáculo familiar e infantil).
20:00 h – Concerto do profesorado do Curso de Jazz de Ribadeo (Asociación Cultural Brúar e Escola Municipal de Música).
22:00 h – Concierto: Leit Motiv.
Domingo 28 de xuño
Horario do recinto: 09:00–17:00 h
12:30 h – Show de circo.
13:30 h – Concierto: Dúo La Mecánica.
Desde a directiva do Rayo Ribadeo Veteranos faise un chamamento a toda a comarca da Mariña e arredores para achegarse, gozar do ambiente e contribuír a unha causa solidaria que busca mellorar a calidade de vida dunha nena do municipio.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



