Viveiro, 25 de xuño, 2026. A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (Viveiro CCH) vén de ser distinguida pola Xunta de Galicia cun dos Premios Extraordinarios do Comercio Galego 2026 polo proxecto “Viveiro conta e o seu comercio tamén”. O galardón inclúe unha achega económica de 20.000 euros destinada a accións de dinamización e promoción do comercio local.
Este recoñecemento supón un novo fito para a entidade, que suma dous anos consecutivos recibindo premios autonómicos. Tras obter en 2025 o Premio Comercio Galego na categoría de Dinamización Comercial, este novo galardón consolida a Viveiro CCH como referente do comercio de proximidade en Galicia.
Os Premios Extraordinarios do Comercio Galego distinguen proxectos innovadores impulsados por asociacións comerciais que contribúen a fortalecer o tecido empresarial local, modernizar o sector e dinamizar a economía das vilas e cidades. A Xunta destaca iniciativas con capacidade real de impacto no comercio de proximidade e no seu papel como motor económico e social.
O proxecto premiado, “Viveiro conta e o seu comercio tamén”, nace coa intención de poñer en valor as historias, as persoas e o patrimonio humano que hai detrás dos establecementos da cidade. A iniciativa busca reforzar o vínculo emocional entre a veciñanza e os negocios locais, destacando o comercio como parte esencial da identidade viveirense. Ademais, incluirá accións de dinamización como sorteos, premios, música, actividades infantís, rascas, ruleta, xornadas gastronómicas e outras propostas que converterán esta campaña nunha acción extraordinaria para o comercio local.
Desde a directiva de Viveiro CCH expresan a súa satisfacción:
“Recibimos esta noticia con enorme ilusión e orgullo. Este premio é o resultado do traballo constante da asociación, da implicación dos nosos socios e da aposta por innovar e conectar o comercio coa cidadanía. Que a Xunta recoñeza o noso proxecto como un dos cinco mellores de Galicia é unha motivación extra para seguir traballando con máis forza ca nunca”.
A entidade destaca que os 20.000 euros permitirán desenvolver no mes de outubro unha gran campaña destinada a reforzar a competitividade do comercio local, mellorar a súa visibilidade, aumentar as vendas, fidelizar clientes e impulsar a marca comercial de Viveiro.
Con máis de dúas décadas de traxectoria e máis de 130 negocios asociados, Viveiro CCH consolidouse como unha das asociacións comerciais máis activas de Galicia, impulsando campañas de dinamización, proxectos de dixitalización e accións promocionais que contribúen ao desenvolvemento económico e social da cidade.
A asociación quere compartir este recoñecemento con todo o tecido económico local:
“Este premio non é só da asociación. É de cada negocio que abre as súas portas cada mañá, de cada persoa que aposta polo comercio local e de todos os que cren que unha vila viva precisa dun comercio forte. Seguiremos traballando para que Viveiro continúe sendo un referente comercial en Galicia”.
Con este novo galardón, Viveiro CCH reafirma o seu compromiso coa innovación, a dinamización comercial e a defensa do comercio de proximidade como elemento esencial para o futuro da cidade.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



