Lugo, 25 de xuño de 2026. O deputado Daniel García achegouse este mércores a Arante, en Ribadeo, onde se está a desenvolver un dos cursos de artesanía organizados pola Vicepresidencia da Deputación no marco do programa Mans Artesás.
A cesteira María Folgueira é a encargada de impartir esta actividade formativa na que as participantes adquiren coñecementos e habilidades básicas deste oficio facendo as súas propias pezas. Reloxos, cestas ornamentais e de uso doméstico ou bolsos son algunhas dos obxectos que están a confeccionar nas sesións do curso.
Daniel García destacou que o programa Mans Artesás tivo “unha acollida extraordinaria por parte de asociacións de toda a provincia que incorporan estas actividades formativas ás súas programacións” e puxo en valor “os momentos de aprendizaxe e de convivencia que se dan arredor dos cursos, nos que vemos que hai unha participación moi activa”
O programa Mans Artesás, que se puxo en marcha este ano, leva cursos, demostracións e obradoiros de artesanía a todo a provincia, atendendo ás demandas de colectivos culturais e veciñais. Só neste mes de xuño, estanse a desenvolver 25 cursos e obradoiros en localidades das distintas comarcas.
A convocatoria, que se pechou en marzo ao esgotarse o orzamento previsto, amplía o apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece á artesania, un sector que conserva, difunde e actualiza coñecementos e técnicas que forman parte do noso patrimonio inmaterial e que desenvolve unha actividade económica sostible, ligada ao territorio e ao consumo responsable.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



