Despregarase unha unidade móbil con 5G de altas prestacións para garantir a máxima calidade do servizo ante o aumento significativo do uso da rede móbil pola masiva afluencia de visitantes
Lugo, martes 30 de xuño de 2026. Telefónica reforzará cunha unidade móbil e actuacións de parametrización avanzada na súa rede 5G en Viveiro a partir de mañá e ata o próximo día 5 de xullo para garantir a cobertura móbil de datos e voz durante a XXI edición do Resurrection Fest, que recibe cada ano a miles de afeccionados á música na localidade.
A medida enmárcase dentro do Plan Verán activado pola compañía para responder coa máxima calidade do servizo á alta demanda rexistrada nos eventos musicais, culturais e gastronómicos especialmente multitudinarios que se celebran en Galicia durante a época estival e que supoñen un aumento significativo do tráfico de voz e datos polo seu gran interese turístico.
A unidade móbil que se despregará en Viveiro con 5G de altas prestacións permitirá aumentar de forma temporal a capacidade e a velocidade de transmisión de datos, mellorando así a experiencia do usuario e garantindo a conectividade durante o festival.
Sergio Sánchez, director de Operacións, Rede e TI de Telefónica España, destaca: “Telefónica asume el reto indiscutible de convertirse en la mejor vía de acceso de los ciudadanos a las tecnologías digitales. Contamos con la mejor red para ofrecer más y mejores servicios allí donde nuestros clientes más lo necesitan, especialmente en momentos de máxima concentración turística como es este periodo estival”.
Ademais de en Viveiro, Telefónica mellorará a capacidade da súa rede móbil noutros 11 eventos que se desenvolverán en diversas localidades da provincia de Lugo, entre os que se atopan o Ribadeo Indiano, a Feira do Bonito de Burela ou as Festas Patronais de Monforte.
No conxunto de Galicia, o plan estival da operadora inclúe o reforzo da cobertura nun total de 74 grandes eventos que se celebraron ou que se van celebrar nas próximas semanas e ata setembro en diversos puntos da xeografía galega. Tamén actuacións de optimización nas infraestruturas xa existentes, ademais de novos despregamentos no litoral —na Coruña, Arteixo, Ferrol, Pontevedra e Sanxenxo— e un dispositivo especial para o eclipse do próximo 12 de agosto.
Telefónica é actualmente líder en 5G en España con máis do 95% da poboación e máis de 6.200 municipios cubertos na banda de 3.500 MHz (altas prestacións), na de 700 MHz ou en ambas. No caso de Galicia, a cobertura 5G alcanza xa ao 95% da poboación, con máis de 280 municipios nos que se pode gozar desta tecnoloxía.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



