Xove, 26 de xuño, 2026. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Servizos Sociais, Tamara Soto, e a primeira tenente de alcalde, Mª Dolores Meitín, acompañados polos membros da directiva da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro, Rubén Sánchez e Alex Quintas, presentaron o cartel da festa de San Pedro, que se celebrará este sábado 27 de xuño no campo da festa do Cruceiro.
Esta celebración supón a recuperación dunha verbena moi querida pola veciñanza da parroquia de Xuances, que levaba case 30 anos sen celebrarse. A iniciativa da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro foi recibida con gran satisfacción polos veciños e veciñas, que ven nesta volta unha oportunidade para revivir unha das citas festivas máis tradicionais da parroquia.
A programación comezará o sábado na igrexa de Xuances cunha misa solemne e a posterior procesión na honra de San Pedro. A continuación terá lugar a sesión vermú, que servirá como punto de encontro nun ambiente festivo e familiar.
Xa pola tarde, os actos continuarán cunha festa da cervexa e unha pancetada popular, con prezos accesibles para facilitar a participación de toda a veciñanza e visitantes.
A xornada pechará cunha gran verbena nocturna, amenizada polo Dúo Belinda e DJ Tomás, que serán os encargados de poñer música e animación ata ben entrada a noite.
Desde a comisión organizadora destacan o esforzo realizado para recuperar esta festa e agradecen a colaboración de todas as persoas e empresas que fixeron posible o seu regreso. Así mesmo, convidan a toda a veciñanza de Xove e aos visitantes da comarca a achegarse ao Cruceiro para gozar dunha xornada de celebración, convivencia e bo ambiente.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



