Burela, 3 de xullo, 2026. A Asociación Cultural Plataforma Ultramar, con sede na Mariña Lucense, anunciou en colaboración co festival Osa do Mar a apertura do prazo de inscrición do novo Concurso de Videoclips, integrado na programación de Pantallas Sonoras 2026. Este proxecto, que explora a intersección entre cinema, música, territorio e identidade, desenvolverase en Burela entre o 2 e o 5 de setembro, complementando a oferta do festival musical.
A principal novidade desta edición supón un impulso estratéxico para a creación audiovisual galega vinculada á música contemporánea. O certame concíbese como un espazo de visibilidade e experimentación estética para novas autorías, entendendo o videoclip como unha linguaxe creativa que vai máis alá da súa función promocional.
A convocatoria está dirixida a persoas físicas ou xurídicas que presenten obras producidas a partir do 1 de xaneiro de 2025, cunha duración máxima de oito minutos. Co obxectivo de fortalecer o tecido cultural galego, as pezas deberán contar cunha vinculación significativa con Galicia, xa sexa pola dirección, produción, localización ou pola orixe do artista ou banda protagonista. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse a través do formulario dispoñible na web da Osa do Mar ata o 31 de xullo de 2026 ás 23:59 h.
Nesta edición haberá tres xurados diferenciados: o Xurado Profesional, composto por especialistas do ámbito audiovisual e musical, que concederá un premio de 500 €; o Xurado Fundación Eu Son, integrado por usuarios e usuarias da entidade, cun recoñecemento en especie; e o Premio do Público, tamén en especie, decidido mediante votación das persoas asistentes á proxección oficial dos videoclips.
O fallo e a entrega de galardóns celebraranse o sábado 5 de setembro nun evento central dentro do festival Osa do Mar, no que o público poderá ver as obras finalistas, emitir o seu voto e participar nun acto que busca ser participativo e visualmente atractivo. Con esta iniciativa, xunto ás próximas confirmacións dos documentais que completarán o ciclo Pantallas Sonoras 2026, Ultramar consolídase como un nodo que conecta comunidade e territorio a través das linguaxes audiovisuais musicais máis innovadoras.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.