Lugo, 3 de xullo, 2026. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron hoxe na X edición do Premio Peme do Ano Lugo 2026, organizado pola Cámara de Comercio de Lugo, a Cámara de Comercio de España e o Banco Santander. No acto, celebrado na Palloza, entregouse o galardón principal a Logística Reyco, empresa con sede en Foz e case 30 anos de traxectoria, destacada pola súa expansión internacional, a súa estabilidade comercial e a súa aposta pola creación de emprego.
González felicitou tamén aos catro accésits desta edición —Transmedia Comunicacións e Prensa, Zuri Investiments, Terras de San Martiño Pacios e Gestión Gratelu— así como á Mención Especial ao Legado Empresarial, que recaeu no Grupo El Progreso. O conselleiro recoñeceu ás pequenas e medianas empresas como columna vertebral da economía galega, xeradoras de riqueza, emprego de calidade e novas oportunidades para o territorio.
Na súa intervención, salientou a contribución das PEMES aos bos resultados do mercado laboral galego, que en xuño rexistrou 105.768 persoas paradas e 1.123.034 afiliacións á Seguridade Social, as mellores cifras desde que existen rexistros. Lugo destacou como a provincia cun maior descenso porcentual do paro respecto ao mes anterior (-4,70 %) e acadou 129.387 afiliacións, o mellor dato nun mes de xuño desde 2008.
O conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta co tecido empresarial para acompañalo nos desafíos actuais, como a cobertura de vacantes, a atracción e retención de talento, o reforzo do benestar laboral e a redución do absentismo. Defendeu o papel da Administración como facilitadora, orientada a simplificar procedementos e a garantir que a remuda xeracional sexa unha oportunidade real para o futuro produtivo de Galicia.
Tamén puxo en valor a colaboración público-privada e o papel das cámaras de comercio como entidades clave na formación, na internacionalización e na mellora da competitividade empresarial.
Pola súa banda, o Deputado Miguel Fernández destacou que o Premio Peme do Ano permite “poñer rostro ás empresas que fan medrar a provincia”, e subliñou que o tecido empresarial lucense, composto nun 97 % por PEMES, é motor de desenvolvemento sostible e equilibrado.
En relación co emprendemento, González reivindicou a valentía das persoas autónomas e o seu papel como primeiro chanzo de moitas iniciativas empresariais. Lembrou que a Xunta destina 41 millóns de euros en 2026 á orde unificada de axudas ao colectivo e subliñou a importancia de impulsar unha cultura emprendedora ligada ao territorio. Neste marco, destacou o labor dos cinco Polos de emprendemento da provincia —Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos— que xa atenderon máis de 1.400 proxectos.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



