“Os nacionalistas non entenden a resposta dada a Dani Castro”
Burela, 1 de xullo, 2026. O pasado venres o deputado mariñán Dani Castro levou á Comisión de Educación do Parlamento Galego o estado do Ceipp Vista Alegre de Burela. “Como dixo Dani Castro, non era unha demanda do BNG senón a demanda de toda unha comunidade educativa perfectamente documentada que levan defendendo moitos anos. A resposta dada, baseada en supostas prioridades e criterios técnicos non se sostén” sinalou o voceiro do BNG e Tenente de Alcaldesa, Mario Pillado.
Continuou Pillado decindo que “é moi preocupante a estratexia da Xunta, posto que tamén poidemos saber polo Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Ensino en Lugo, din que non hai orzamento para este ano e que a responsabilidade é do Concello, algo absolutamente falso xa que as competencias nese eido están moi claras”
“A Xunta debe deixarae de excusas e cumprir con tódolos centros de Burela”
A nivel global a situación dos centros educativos na vila é bastante precaria a nivel de instalacións, sobre todo en canto a accesibilidade e eficiencia enerxética. O tenente de Alcaldesa indicou que “no IES Perdouro levan anos agardando melloras en canto a accesibilide posto que calquer alumno ou alumna con mobilidade reducida ten que sair fora do centro e dar unha boa volta para mudar de aula. Ante iso a consellería non ten intención de aportar ningunha solución ó respecto. Ademais o informe do estudo de seguridade feito pola propia consellería é demoledor e da a razón á Dirección do centro en canto á necesidade de investimentos no Centro”
Pillado finalizou decindo que “a Xunta debe abandonar o seu posicionamento sectario e partidista, deixarse de excusas e asumir as súas responsabilidades co ensino en Burela”























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



