Cervo, 1 de xullo do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou o inicio das obras para a instalación dunha nova rede de saneamento e dun sistema de depuración autónoma no núcleo de As Cabanas, na parroquia de Rúa, acompañada polo concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, e polo pedáneo de Rúa, Ramón Elemparte.
Esta actuación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, e que supón un investimeto de preto de 50.000 euros, permitirá dotar ao núcleo dunha infraestrutura básica fundamental, mellorando o tratamento das augas residuais e contribuíndo á protección ambiental e á calidade de vida da veciñanza.
O proxecto contempla a execución dunha nova rede de saneamento que conducirá as augas residuais ata unha depuradora autónoma, adaptada ás características e necesidades do núcleo rural, unha solución técnica que permitirá ofrecer un servizo máis eficiente e sostible.
A rexedora destacou que “seguimos avanzando no noso compromiso de levar os servizos básicos a todos os núcleos do municipio, independentemente do seu tamaño. O saneamento é unha infraestrutura esencial para garantir a calidade de vida da veciñanza e para contribuír á conservación do noso medio natural”.
Dolores García Caramés incidiu tamén en que “o noso obxectivo é continuar ampliando e mellorando a rede municipal de servizos básicos, porque entendemos que todos os veciños e veciñas deben dispoñer das mesmas oportunidades e das mesmas prestacións, vivan onde vivan”.
A alcaldesa agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia para facer posible esta actuación, subliñando que “a cooperación entre administracións resulta fundamental para seguir impulsando investimentos que repercutan directamente no benestar da cidadanía e na modernización das infraestruturas municipais”.
As obras enmárcanse na aposta do Concello por continuar mellorando os servizos no rural, reforzando as infraestruturas básicas e avanzando nun modelo de desenvolvemento sostible que contribúa á protección do medio ambiente e á fixación de poboación no territorio.





















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



