Ribadeo, 1 de xullo, 2026. Remata o curso e chega o momento de facer balance dunha actividade voluntaria que, un ano máis, reuniu alumnado e profesorado arredor da ciencia: o Club de Ciencia do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Ao longo do curso, arredor de 20 alumnos e alumnas, xunto co profesorado implicado —Andrés Rodríguez, Javier Rodríguez, Noemí Rego, Iván Varela, Ana Mosteirín e Susi Besteiro— dedicaron os luns do recreo de mediodía a experimentar, aprender e achegarse á ciencia dun modo práctico e divertido.
Durante o primeiro trimestre, o club elaborou figuras de tensegridade con paus de xeado, explorou as propiedades do xeo seco, realizou construcións magnéticas, engranaxes, xogos co Kapla e montaxes cos M-bot. Tras o Nadal, chegou a preparación para a Olimpíada de Enxeñaría de Camiños celebrada na Coruña: a Ponte da Vinci, o arco de dovelas, presas resistentes, optimización de transporte ou o uso de software de estruturas foron algunhas das probas que cada equipo repetiu e perfeccionou.
A continuación, o alumnado aprendeu a facer chapas e, coa cortadora láser e a impresora 3D, elaborou oloides imparables que levaron ao Día da Ciencia na Rúa, xunto con outros proxectos realizados en Proxecto Competencial e Tecnoloxía, como O picudo vermello, O pulmón de palomitas, A terapia con células CAR-T ou A importancia da rótula. Despois deste evento, aínda houbo tempo para imprimir un Megáfono Hiperbólico e para crear chapas co logo do club, que se repartiron entre os visitantes da XXXI Feira da Ciencia, na que os catro centros educativos de Ribadeo uniron esforzos para converter a vila nun auténtico faro científico.
Como colofón ao traballo realizado, o club celebrou unha pequena festa con xeados e repartiu entre os participantes gafas homologadas para observar con seguridade o eclipse do 12 de agosto.
Desde o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo felicitan ao alumnado e ao profesorado participante por crear un espazo onde aprender e gozar coa ciencia, ao tempo que se fomentan as vocacións STEM e o interese polo ámbito científico-tecnolóxico.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



