A actividade terá lugar este xoves 2 de xullo, ás 19.00 horas, na Praza do Concello, con entrada libre e sorteos entre as persoas participantes
Burela, 1 de xullo de 2026. O Concello de Burela continúa coa programación do Orgullo de Vila coa celebración dun Bingo Musical conducido por Marisa Prisa, que terá lugar este xoves, 2 de xullo, a partir das 19.00 horas na Praza do Concello.
A actividade propón unha tarde de música, diversión e convivencia na que as persoas participantes poderán poñer a proba os seus coñecementos musicais, cantar, bailar e compartir unha xornada festiva arredor da diversidade e da liberdade de ser e amar.
Durante o Bingo Musical tamén se realizarán sorteos especiais, entre os que se inclúen tickets para The Burguer Top e unha entrada para o Festival Osa do Mar.
Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a veciñanza, integrada na programación municipal do Orgullo baixo o lema «Ser quen somos, amar como sentimos».
O Concello de Burela anima á cidadanía a participar nesta proposta lúdica e reivindicativa, pensada para celebrar a diversidade, fomentar o respecto e visibilizar unha vila aberta, libre e inclusiva.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



