Xunto con colectivos veciñais e sociais traballarán na preparación de mobilizacións
Viveiro, 1 de xullo, 2026. Coincidindo co inicio do Resurrection Fest en Viveiro, ao que acoden milleiros de persoas circulando polas mesmas estradas de hai corenta anos, o BNG continúa coa campaña iniciada no mes de decembro e vén de colocar un valado publicitario en Celeiro (Viveiro) coa mensaxe: “O máis heavy do Resu: chegar a Viveiro! Autovía e corredor xa! A Mariña merece máis”.
Diante deste valado ofreceron hoxe unha rolda de prensa a portavoz municipal en Viveiro, Iria Cotelo, @s deputad@s Olalla Rodil, Daniel Castro e Daniel García, e o responsable comarcal Antonio Veiga.
Abandono da Xunta e do Goberno do Estado
Para o BNG, a situación das infraestruturas na Mariña é de abandono total, tanto por parte do Goberno do Estado como da Xunta de Galiza. Lembran que no outono de 2025 se cumpriron 25 anos do desvío da Autovía do Cantábrico cara a Vilalba, o que deixou desconectadas as zonas central e occidental da Mariña, así como a comarca do Ortegal.
Tamén sinalan que a VAP Costa Norte, anunciada como compensación polo desvío da A-74, leva anos paralizada e só se executaron os dous tramos (Xove e Ortigueira) licitados polo goberno bipartito.
@s deputad@s Olalla Rodil e Daniel Castro denunciaron as negativas constantes da Xunta a impulsar definitivamente a VAP Costa Norte: “Cada vez que desde o BNG levamos iniciativas ao Parlamento, o PP nin sequera as atende. Proba disto foi o último debate dos orzamentos de 2026, onde a nosa emenda para axilizar a VAP foi votada en contra polo PP”, afirmaron.
Un cronograma claro e compromisos orzamentarios para rematar a A-74
O responsable comarcal, Antonio Veiga, insistiu na necesidade de axilizar todos os tramos da A-74 Barreiros–San Cibrao.
Lembrou que o pasado 19 de xuño o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel aprobou o expediente de información pública e o proxecto de trazado do tramo Barreiros–O Carmen (6,3 km), pero advertiu que isto é só unha quinta parte do total da autovía: “Se seguimos a este ritmo, chegaríamos á metade do século XXI coa autovía sen rematar, e iso na Mariña non o podemos permitir”, afirmou.
Por iso, o BNG demanda prazos concretos para este tramo e para os catro pendentes, cun cronograma claro e compromisos orzamentarios firmes.
Veiga tamén criticou o abandono da Xunta, que renuncia de facto a continuar coa VAP Costa Norte San Cibrao–Ferrol, despois do anuncio realizado por Rueda en Viveiro o pasado decembro.
O PP desconecta Viveiro
A portavoz nacionalista en Viveiro, Iria Cotelo, referiuse ao anuncio feito por Rueda no Nadal pasado e advertiu de que a proposta supón un retroceso, tanto polo malgasto de tempo e recursos públicos como pola baixa calidade da infraestrutura prevista: “O PP renuncia a unha variante integrada nunha vía de altas prestacións e substitúea por unha estrada convencional que non resolverá os problemas de mobilidade actuais. Ademais, pode enterrar definitivamente a posibilidade de conectar Viveiro e a Mariña co resto do territorio mediante unha infraestrutura acorde co século XXI”, denunciou.
Mobilización social
O BNG de Viveiro está a manter unha rolda de reunións con diversos colectivos veciñais e sociais, e constata un cabreo crecente na sociedade viveirense, así como unha demanda de accións e mobilizacións para evitar que Viveiro quede illado.
Os nacionalistas anuncian que esta será unha das súas liñas de traballo nos vindeiros meses.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



