Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026. O Centro Dramático Galego estrea esta fin de semana dúas novas coproducións para espazos abertos: Os pasadores, que se presentará este sábado 4 en Santiago de Rubiás, no concello de Calvos de Randín (Ourense), no territorio do Couto Mixto, e Ñiqui Ñaque, que se estrea o venres 3 en Cangas de Morrazo (Pontevedra), no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, para iniciar a continuación unha extensa xira que levará esta proposta a outros 25 concellos galegos.
Con estas dúas propostas, a unidade teatral da Xunta de Galicia continúa a desenvolver a súa liña de produción e coprodución de espectáculos pensados para achegar a creación escénica a espazos abertos e públicos diversos. Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza a presenza do teatro galego no territorio durante a programación de verán, como parte da campaña Para gustos, cultura, posta en marcha para este época de estío polo Goberno galego con 3.600 citas de 40 tipoloxías culturais en máis de 200 localidades, en liña coa Lei de cultura accesible e inclusiva de Galicia.
Memoria da fronteira
Os pasadores é unha coprodución internacional do Centro Dramático Galego con Rota Clandestina, Pirilampo e a Associação Cultural Prado. A montaxe, creada pola autora e directora portuguesa Patrícia Portela, preséntase como un espectáculo de rúa con características radiofónicas arredor da memoria das fronteiras, o contrabando, o exilio, a emigración e a procura da liberdade.
O espectáculo parte de historias reais de persoas que cruzaron a raia entre a Guerra Civil española e a Revolución dos Cravos en Portugal, ben para fuxir da guerra, da fame ou das ditaduras, ben para buscar traballo ou intercambiar bens escasos nun lado e abundantes no outro. A través desta ollada, Os pasadores propón unha reflexión sobre identidade, liberdade e territorio, ao tempo que recupera a memoria das persoas que habitaron e atravesaron a fronteira.
No elenco participan Pedro Sousa Loureiro, Mariña Léston, Patrícia Portela e Ângela Rodrigues, xunto con persoas convidadas locais. A ficha artística conta con concepción, texto e dirección de Patrícia Portela; asistencia de dramaturxia de Ângela Rodrigues; e filmacións de Rui Oliveira e Eloy Séren.
Teatro de rúa para todos os públicos
Pola súa banda, Ñiqui Ñaque é unha coprodución do Centro Dramático Galego con Espectáculos Valente, dirixida por Roberto Vázquez a partir do texto de Cándido Pazó. Trátase dun espectáculo de teatro de rúa para todos os públicos, protagonizado por Dani Lago e Ángel Blanco, no que dous cómicos ambulantes viaxan nun motocarro avariado mentres preparan unha peculiar versión de Romeo e Xulieta.
Despois da súa presentación en Cangas de Morrazo con dobre pase o venres (na Alameda vella) e o sábado (no adro da igrexa de Darbo), a montaxe iniciará unha xira durante xullo xullo e agosto por diferentes localidades galegas con practicamente funcións diarias e como parte da campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Para gustos, cultura.
Nas primeiras semanas poderá verse en espazos abertos de Cambados (día 7), O Rosal (día 8), A Guarda (día 9), Allariz (día 10), Ponteceso (día 11), Pontedeume (día 14), Valdoviño (día 16), Ribadumia (día 17), Ponteareas (día 18), Padrón (día 22), Rianxo (día 23), Cervo (día 24), Foz (día 26), O Grove (día 28), Chantada (día 29) e Barbadás (día 30). En agosto visitará Lourenzá (día 2), Catoira (día 3), Taboadela (día 4), Taboada (día 5), Dumbría (día 7), Noia (día 8), Ortigueira (día 13), Rábade (día 16) e Vigo (día 22), onde rematará a xira nunha actuación que terá lugar no barrio de Bouzas. Tamén, o día 20 dese mes está prevista unha actuación de Ñiqui Ñaque na localidade onubense de Niebla.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



